Hoxe foi un día completo...

30/11/2023

- Pensabamos que nos perderíamos a visita que hoxe fixo ao CEE María Mariño o campeón do mundo de Tenis de mesa (Equipo paralímpico) don Alberto Seoane Alcaraz... Pero houbo sorte, foi madrugador e chogou antes de que marchásemos ao IES Zalaeta. Poidemos comprobar de primeira man, co seu exemplo, que con forza de vontade e moito traballo, o ser humano ten o límite no infinito, e máis alá... Como dicían os romanos, per aspera ad astra, polo duro, ás estrelas, a través do esforzo, o triunfo... Gracias pola túa compañía e o teu exemplo, Alberto.

 

- Tras compartir ese ratiño con Alberto Seoane, marchamos a Zalaeta, onde nos esperaban alumnos e alumnas de 3º PDC para facernos unha entrevista sobre o estado fitopatolóxico da palmeira do patio interior do instituto e sobre outras cuestións dos traballos que alí realizamos: colección de variedades tradicionais de maceira, labores de mantemento en xeral...

ver instagram