Iniciamos o PLAMBE no CEE María Mariño

05/03/2023

- Tras presentar o proxecto requirido, fomos admitidos neste curso 2022-2023 no PLAMBE, no PLAn de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia

- Trátase dun plan sostido no tempo que persegue a mellora e dinamización das bibliotecas dos centros formativos pertencentes a Xunta de Galicia.

-O noso proxecto de biblioteca para este curso 2022-23, tratará sobre algo tan importante na historia de Galicia como é o Camiño de Santiago. Con esta temática de fondo iniciamos unha serie de actividades, como esta de presentación do proxecto ao resto da comunidade educativa:

 

Ver video de presentación

   

Texto de presentación e traxe da Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago pertencente a don Arturo Pereiro Vilariño, pai da nosa compañeira AL, Belén Pereiro Rozas.

 

 

- Desde a biblioteca, estamos aprendendo a saber que é iso do Camiño de Santiago, e que representan todos os símbolos que falan de el: que é a Compostela, porqué hai tantas frechas pintadas polo camiño adiante...

   

- As nosas mascotas para este ano serán Raspita e Pelegrín.

 

 

- A Bibliomóivil estivo tamén activa: preparamos un carriño para promocionar o noso proxecto sobre o Camiño de Santiago polas aulas: comics, libros, xogos de mesa, unha caixa con material de debuxo e diversas actividades propostas, un xogo para diferenciar as follas do carballo das follas do cerqueiro...

- Todos os equipos de dinamización do centro (actividades complementarias e extraescolares, dinamización lingüística, tecnoloxía de la información e as comunicacións e biblioteca), traballamos de forma conxunta e coordinada, co enfoque xeral do proxecto de centro sobre o camiño de Santiago

- Para apoiar as actividades dos outros grupos de dinamización fixemos máis carriños de Bibliomóbil:

- Todos os equipos de dinamización do centro (actividades complementarias e extraescolares, dinamización lingüística, tecnoloxía de la información e as comunicacións e biblioteca), traballamos de forma conxunta e coordinada, co enfoque xeral do proxecto de centro sobre o camiño de Santiago

 

- Para apoiar as actividades dos outros grupos de dinamización fixemos máis carriños de Bibliomóbil:

   

Sobre o comic e sobre o día da candeloria

- Preparouse tamén un carriño Bibliomóbil sobre primeiros auxilios no camiño (“Saúde na Biblio”). A partir da información e as actividades contidas nel, organizouse a visita de tres enfermeiros e enfermeiras profesionáis que impartiron unha sesión práctica de gran interese para o noso alumnado: medida da tensión arterial e dos latexos do corazón, vendaxes, como se curan as feridas...

Ver video de presentación “Saude no camiño”