Celebración do Samaín 2016 / venres 28 de outubro a partir das 11.30 hs

26/10/2016 21:44

Samaín 2016

Alumnos e Profesores / Construcción do invernadoiro do Centro para o PFFP Básica de Xardinaría e Viveirismo / Construcción da cancilla

Alumnos e Profesores / Construcción do invernadoiro do Centro para o PFFP Básica de Xardinaría e Viveirismo / Acondicionamento do cenador

Alumnos e Profesores / Construcción do invernadoiro do Centro para o PFFP Básica de Xardinaría e Viveirismo / Preparación do taller

V Festival Arte pola igualdade / Maravillosa actuación de alumnos e alumnas do Centro

02/06/2016 14:04

 

Entrega do premio ao equipo gañador no Concurso Escolar "En busca da Mascota".

02/06/2016 14:01

"Onte, xoves 1 de xuño de 2016, o Equipo de BiblioTics do CEE María Mariño, fixo entrega do premio ao equipo gañador no Concurso Escolar "En busca da Mascota".

Mariño
Mariño foi a mascota elexida pola Comunidade Educativa, nunhas votación que se lembrarán pola elevada participación.
Noraboa!!"

Alumnos e Profesores / Construcción do invernadoiro do Centro para o PFFP Básica de Xardinaría e Viveirismo / Acondicionamento do terreno

Concurso escolar / ONCE / Diploma pola participación de alumnos do Centro

02/06/2016 10:59

Concurso ONCE

A Consellería de Cultura e Educación presenta na Coruña o V Festival Arte pola igualdade

26/05/2016 22:22

O secretario xeral de Política Lingüística e o delegado territorial deron a coñecer esta mañá en rolda de prensa o cartel do espectáculo que acollerá o Teatro Colón o vindeiro 30 de maio dentro das actividades organizadas para conmemorar as Letras Galegas 2016

Nel participará alumnado do Centro de Educación Especial María Mariño e do Conservatorio Profesional de Música da Coruña

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou esta mañá na Coruña o V Festival Arte pola Igualdade, que acollerá o Teatro Colón o vindeiro luns 30 de maio no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2016 posta en marcha pola Xunta de Galicia.

En palabras de Valentín García, “trátase dunha iniciativa escolar coa que, ademais de lembrar a Manuel María, autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, se pretende tamén dar a coñecer o traballo que se desenvolve en centros coma o CEE María Mariño ou o Conservatorio de Música Profesional, para amosar así que a discapacidade física ou psíquica non é impedimento ningún á hora de desenvolver o potencial creativo e a sensibilidade artística do alumnado”.

Pola súa banda, Diego Calvo insistiu na importancia da participación de alumnos con necesidades educativas especiais neste tipo de actividades, xa que “a súa presenza resulta moi enriquecedora para todos, que vemos como o seu talento, creatividade e sensibilidade artística supera en moitas ocasións os límites do esperado”.

Os responsables da Administración autonómica estiveron acompañados na rolda de prensa polo xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, Indalecio Cabana; e mais polos directores dos centros promotores da iniciativa, María Luz Barreiro e Jesús López, do CEE María Mariño e do CMUS Profesional da Coruña, respectivamente. Todos eles coincidiron en destacar que o que comezou como unha actividade escolar está agora a traspasar o ámbito académico para ofrecerse como unha festa aberta a todos os públicos e como homenaxe á figura de Manuel María.

Quinta edición

O CEE María Mariño e o CMUS da Coruña celebrarán, por quinto ano consecutivo, as Letras Galegas dun xeito moi especial. Será a través do V Festival Arte pola Igualdade, un espectáculo para todos os públicos que terá como protagonista e anfitrión o seu alumnado e que conta tamén coa colaboración do IES Leixa de Ferrol, do IES Imaxe e Son da Coruña e do CIFP Someso da Coruña.

O cartel do festival inclúe un recitado de poemas do autor chairego ao que a Real Academia Galega lle dedicou este ano o 17 de maio, a representación da Farsa de Bululú (na que tamén colaborará alumnado dos CEIP Emilia Pardo Bazán e San Pedro de Visma) e un pequeno concerto da Banda Xuvenil do CMUS da Coruña.

Terá lugar o vindeiro luns, 30 de maio, a partir das 19:00 horas, no Teatro Colón da Coruña. A entrada ao festival será de balde ata completar a capacidade do teatro e poderase retirar previamente no despacho de billetes do Teatro Colón.

Realizacións de alumnos de Reprografía e Xardinaría e Viveirismo coa coordinación de Rosa / Decoración de Letras Galegas 2016

16/05/2016 22:54

Letras Galegas 2016 Letras Galegas 2016 Letras Galegas 2016 Letras Galegas 2016  Letras Galegas 2016 l

Distribuir contenido