Música inclusiva

20/04/2021 22:27

As nenas e nenos do cole están practicando a canción "Epo i tai e". Este curso participamos no Proxecto inclusivo da Asociación cultural Zalaeta, impulsado desde as aulas de música e tecnoloxía do IES Menéndez Pidal (A Coruña).

Traballamos diversos aspectos musicais:

- O ritmo mediante pequenos esquemas rítmicos co corpo e con instrumentos de percusión de altura indeterminada.

- A expresión vocal a través do canto grupal.

- A expresión corporal a través do movemento.

Unha vez que teñamos a canción preparada, gravaremos un vídeo no que participaremos as nenas e nenos de diferentes centros.

Premede na imaxe e poderedes ver o ensaio na clase de música.

Xa veredes o ben que o pasamos!

Información: Vacacións Semana Santa

26/03/2021 12:49

Entroido 2021

02/03/2021 20:25

Disfraces, maquillaxes, talleres sobre os contos...

Así foi a nosa festa do Entroido.

Somos os nenos e nenas do CEE María Mariño e vivimos así o Carnaval!!!

 

Comunicación ás familias

Inicio de Curso 2020/2021

01/09/2020 22:20

ENTROIDO 2019

27/06/2019

POR FIN!!!!
Xa temos dispoñible aquí o vídeo realizado durante o entroido deste curso 2018-2019.
Esperamos que o disfrutedes tanto coma o fixemos nós no seu momento.
(Sentimos o atraso na publicación)

 

Aproveitamos para desexarvos un bo verán a todos!!!
Vémonos á volta con máis contido que compartir!

 

Formación no centro

04/06/2019

Este curso os profes do Maria Mariño formámonos en robótica educativa.

Xa estamos comezando a empregalo con rapaces e rapazas do cole!

 

Calendario escolar 2017/18

Neste segundo ano de andaina do PFFPB de Xardinaría e Viveirismo, ...

26/06/2017 10:43

 

Xardinaría e Viveirismo

Xardinaría e Viveirismo Xardinaría e Viveirismo Xardinaría e Viveirismo Xardinaría e Viveirismo Xardinaría e Viveirismo Xardinaría e Viveirismo

Neste segundo ano de andaina do PFFPB de Xardinaría e Viveirismo asentamos as bases para que o traballo do alumnado se vise reflectido na mellora do entorno do centro, e consecuentemente no día a día do trascorrer das persoas que nel traballan e viven…

Para que así fose, partimos da idea de irlle dando cor aos espazos verdes… un pouco de amarelo, un pouco de branco, un pouco de violeta…

E non so cor, senon que tamén arumes novos… a mel, a azucre, a calquera cousa que a imaxinación poida deixarnos levar…

E así, tras un curso percorrido, un paso máis se deu nesta andaina… e o centro amosa cor, arume e incluso sabores!

Realizacións de alumnos de Educadoras / Elaboración de decoracións

21/06/2017 10:27

Realizacións de Educadoras

Distribuir contenido