Visita de Alberto Seoane

Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar dunha visita moi especial. En véspera do Día Internacional das Persoas con Discapacidade; pasou polo centro o xogador de tenis de mesa Alberto Seoane (internacional español); poñendo en práctica unha sesión na que nos contou a súa experiencia persoal, a preparación de cara aos Xogos Paralímpicos de París 2024, e o xeito de acadar os logros acumulados ao longo da traxectoria profesional. Posteriormente, ofreceuse a xogar uns partidiños co alumnado, permitindo vivenciar a práctica deste deporte dun xeito lúdico e especial.