05/03/2023
- Tras presentar o proxecto requirido, fomos admitidos neste curso 2022-2023 no PLAMBE, no PLAn de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia - Trátase dun plan sostido no tempo que persegue a mellora e dinamización das bibliotecas dos centros formativos pertencentes a Xunta de Galicia. -O noso proxecto de biblioteca para este curso 2022-23, tratará sobre algo tan importante na historia de Galicia como é o Camiño de Santiago. Con esta temática de fondo iniciamos unha serie de actividades, como esta de presentación do proxecto ao resto da comunidade educativa:
Texto de presentación e traxe da Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago pertencente a don Arturo Pereiro Vilariño, pai da nosa compañeira AL, Belén Pereiro Rozas.
- Desde a biblioteca, estamos aprendendo a saber que é iso do Camiño de Santiago, e que representan todos os símbolos que falan de el: que é a Compostela, porqué hai tantas frechas pintadas polo camiño adiante...
- As nosas mascotas para este ano serán Raspita e Pelegrín.
- A Bibliomóivil estivo tamén activa: preparamos un carriño para promocionar o noso proxecto sobre o Camiño de Santiago polas aulas: comics, libros, xogos de mesa, unha caixa con material de debuxo e diversas actividades propostas, un xogo para diferenciar as follas do carballo das follas do cerqueiro... - Todos os equipos de dinamización do centro (actividades complementarias e extraescolares, dinamización lingüística, tecnoloxía de la información e as comunicacións e biblioteca), traballamos de forma conxunta e coordinada, co enfoque xeral do proxecto de centro sobre o camiño de Santiago - Para apoiar as actividades dos outros grupos de dinamización fixemos máis carriños de Bibliomóbil: - Todos os equipos de dinamización do centro (actividades complementarias e extraescolares, dinamización lingüística, tecnoloxía de la información e as comunicacións e biblioteca), traballamos de forma conxunta e coordinada, co enfoque xeral do proxecto de centro sobre o camiño de Santiago
- Para apoiar as actividades dos outros grupos de dinamización fixemos máis carriños de Bibliomóbil:
Sobre o comic e sobre o día da candeloria - Preparouse tamén un carriño Bibliomóbil sobre primeiros auxilios no camiño (“Saúde na Biblio”). A partir da información e as actividades contidas nel, organizouse a visita de tres enfermeiros e enfermeiras profesionáis que impartiron unha sesión práctica de gran interese para o noso alumnado: medida da tensión arterial e dos latexos do corazón, vendaxes, como se curan as feridas... |
|||