As nosas colaboracións con outros centros educativos

09/05/2022

Entre os centros formativos da Xunta procuramos facer colaboracións e traballos en conxunto, que nos enriquecen e nos fan mellores... Ademáis de participar no proxecto "Deseño e son" do IES Menéndez Pidal (https://www.instagram.com/p/Cb0I0NdspEP/?utm_medium=share_sheet), colaboramos...

- Con o  CEIP de Prácticas de A Coruña, na implantación dos seus hortos. Por certo, que tivemos o honor de que a árbore que elixiron para plantar no día da árbore do pasado 21 de marzo, foi unha maceira enxertada no CEE María Mariño, da variedade "Grande plana estriada (https://drive.google.com/file/d/1eXlugZzl6Yc94kIc1zCcjoEh6MHkkZSj/view).

- Co IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz. O curso de Soldadura fixo para o noso Centro unha mesa adaptada para facer un horto elevado e que o alumnado en cadeira de rodas, poda facer prácticas de agricultura. Estamos a construir en colaboración con eles, un hotel para insectos. Tamén alí plantaron dúas das variedades de maceira enxertadas por nos... Na foto vemos o fabuloso traballo realizado polos alumnos do Ciclo de soldadura. Agora tócanos a nos rematar o traballo...

Presentamos aos nosos compañeiros do IES Poeta Díaz Castro un titorial no que explicamos cómo fixemos o noso hotel de insectos. Gracias a esta colaboración, estamos a formar parte da cadea de hoteles de insectos promovida dende o IES Carolina Coronado de Almedralejo (Badajoz). Trátase dun proxecto que pretende crear unha situación de aprendizaxe baseada na construción dun hotel de insectos en cada centro, e na observación sistemática da colonización e hábitos dos seus habitantes, optimizando o protagonismo dos alumnos e o seu empoderamento na toma de decisións e desenvolvemento do traballo. Poddes atopar información neste enlace (marcade home e pages)

- Estivemos o pasado 6 de abril no CEIP Salgado Torres. Están instalando uns hortos fabulosos... Fixemos unha demostración, aos rapaces e rapazas de primaria, de cómo abonar un horto de dúas maneiras: como o faría un agricultor convencional (con fertilizante químico) e cómo se faría en agricultura ecolóxica (sen fertilizantes químicos). Como aforrar auga é tamén moi importante, fixemos unha instalación de rega por goteo, que puxemos en funcionamento ao rematar o noso traballo.