24/11/2021
Xa chegou o outono ao cole, por iso celebramos un Magosto no que fixemos diferentes actividades: Pintamos follas de cores, fixemos colares con castañas, cucuruchos para comelas asadas e unha olimpiada na que este froito do outono foi o protagonista. Ademais, tamén tivemos unha aula de outono na que cada clase tiña que buscar unhas castañas agochadas de diferentes cores. Pasámolo xenial. Aquí tendes un video con algunhas fotografías da celebración.
|
|||