Roadshow Urban de A Coruña

08/11/2021

Este curso académico 2021-2022 no noso cole imos traballar para mellorar a nosa Conciencia de Mobilidade Urbana e Sostible; levando a cabo un montón de actividades para mellorar a nosa seguridade e conciencia viaria para a seguridade e o coidado do Medio Ambiente.

Para iso contamos co Plan Proxecta que bautizamos co nome de Eco-Seguriño e que así se chamará a nosa mascota que moi pronto coñeceredes.

Na xornada escolar do venres 5 de Novembro comezamos esta viaxe coa invitación dos nosos amigos da DXT da Xefatura provincial de A Coruña; Susana e Quico (Grazas por todo!). E da súa man participamos un grupo moi numeroso de alumnado acompañado polos profes e coidadores no Roadshow Urban de A Coruña na explanada da Dársena.

Contamos con diferentes actividades alí e un montón de monitores agardándonos comezando no Motorhome cunha experiencia única de Realidade Virtual na que nos convertemos en protagonistas do futuro da mobilidade urbana.

Tamén descubrimos a CIDADE 30 mediante Realidade Aumentadadescubrindo todo o que necesitamos saber do novo modelo de cidade máis sostible e segura.

E para rematar un partidiño de tenis que nos veu moi ben para coller folgos para a volta ao cole.

Foi una experiencia moi enriquecedora para todos e todas e aprendemos un montón de cousiñas. Volvemos prontiño. Grazas! E sempre SEGURIÑOS!