Celebración do Magosto 2016 / venres 18 de novembro

14/11/2016 23:53

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O DÍA VENRES, 18 DE NOVEMBRO DE 2016

Decoración do ximnasio e do patio.

Desde as 10:00: xogos no ximnasio e no patio de columnas. Delimitación de dúas zonas de xogos (isto non quere dicir que non se podan visitar ambas zonas, só que se intentarán cubrir as necesidades de todos).

Zona 1 (ximnasio): música, xogos sensoriais, de puntería, de busca, para os rapaces máis pequenos.

Zona 2 (patio): música, xogos tradicionais (birlos, a corda, carreira de sacos e carreiras de relevos, pesca castañas, etc.).

Desde as 11:30: reparto e degustación de castañas: cada grupo na súa quenda.

Restauración: fará dúas sobremesas: biscoito de castañas e castañas con chocolate que os rapaces e os mestres terán a oportunidade de probar; farase unha votación por aula. Para isto entregaranse unhas papeletas que logo se botarán nunha urna. 

ACTIVIDADES PREVIAS Á CELEBRACIÓN DA FESTA

Cada titor na súa aula: deseño do cucurucho ou recipiente para comer as castañas empregando para elo calquera tipo de material (periódicos, cartolinas, folios, etc.)

Outras actividades de carácter opcional

Decoración da aula con elementos típicos do outono: árbores e follas secas, froitos do outono (castañas, landras, noces...).

Manualidades con castañas que se poderán expoñer (p. ex. os típicos colares, pulseiras ou tamén deseño de animais como vermes, caracois, pintar noces... en internet hai moitos exemplos).

Caracterización dos rapaces/mestres o dia do magosto: sería ideal que os rapaces puidesen caracterizarse como paisanos e paisanas do seguinte xeito:

Nenos: pantalón e camisa, boina (pódese facer con cartón ou fieltro), pintar un bigote negro.

Nenas: saia, mandil (de cociñar mesmamente), pano na cabeza (un fular sería dabondo).