Blogs |
05/03/2023
- Tras presentar o proxecto requirido, fomos admitidos neste curso 2022-2023 no PLAMBE, no PLAn de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia - Trátase dun plan sostido no tempo que persegue a mellora e dinamización das bibliotecas dos centros formativos pertencentes a Xunta de Galicia. -O noso proxecto de biblioteca para este curso 2022-23, tratará sobre algo tan importante na historia de Galicia como é o Camiño de Santiago. Con esta temática de fondo iniciamos unha serie de actividades, como esta de presentación do proxecto ao resto da comunidade educativa:
Texto de presentación e traxe da Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago pertencente a don Arturo Pereiro Vilariño, pai da nosa compañeira AL, Belén Pereiro Rozas.
- Desde a biblioteca, estamos aprendendo a saber que é iso do Camiño de Santiago, e que representan todos os símbolos que falan de el: que é a Compostela, porqué hai tantas frechas pintadas polo camiño adiante...
- As nosas mascotas para este ano serán Raspita e Pelegrín.
- A Bibliomóivil estivo tamén activa: preparamos un carriño para promocionar o noso proxecto sobre o Camiño de Santiago polas aulas: comics, libros, xogos de mesa, unha caixa con material de debuxo e diversas actividades propostas, un xogo para diferenciar as follas do carballo das follas do cerqueiro... - Todos os equipos de dinamización do centro (actividades complementarias e extraescolares, dinamización lingüística, tecnoloxía de la información e as comunicacións e biblioteca), traballamos de forma conxunta e coordinada, co enfoque xeral do proxecto de centro sobre o camiño de Santiago - Para apoiar as actividades dos outros grupos de dinamización fixemos máis carriños de Bibliomóbil: - Todos os equipos de dinamización do centro (actividades complementarias e extraescolares, dinamización lingüística, tecnoloxía de la información e as comunicacións e biblioteca), traballamos de forma conxunta e coordinada, co enfoque xeral do proxecto de centro sobre o camiño de Santiago
- Para apoiar as actividades dos outros grupos de dinamización fixemos máis carriños de Bibliomóbil:
Sobre o comic e sobre o día da candeloria - Preparouse tamén un carriño Bibliomóbil sobre primeiros auxilios no camiño (“Saúde na Biblio”). A partir da información e as actividades contidas nel, organizouse a visita de tres enfermeiros e enfermeiras profesionáis que impartiron unha sesión práctica de gran interese para o noso alumnado: medida da tensión arterial e dos latexos do corazón, vendaxes, como se curan as feridas... |
|||
05/03/2023 20:28
- A nosa colaboración co IES Ramón Menéndez Pidal vai máis aló dos nosos traballos de implantación e mantemento de xardíns nas súas zonas verdes: preparamos tamén uns titoriais para dar a coñecer conceptos agrarios e de xardinería e romper así a "brecha campo-cidade". Presentamos dous traballos que esperamos sexan do voso interese: un titulado "Comentarios sobre xardíns. As roseiras" e "Comentarios sobre xardíns. A Fauna útil"
Comentarios sobre xardíns. As roseiras. Comentarios sobre xardíns. A Fauna útil
|
|||
18/02/2023 19:36
Informamos ás familias que teremos periodo vacacional de Entroido ata o vindeiro mércores 22 de febreiro. AS CLASES REANUDARANSE O XOVES 23 DE FEBREIRO EN HORARIO NORMAL. Boas vacacións!! |
|||
22/12/2022
Felices Festas. Voltamos o 9 de xaneiro!!! |
|||
02/01/2023
- O tempo pasou rápido neste primeiro trimestre... No enlace adxunto podedes ver algunhas das actividades que levamos a cabo no noso programa formativo de Formación Profesional:
|
|||
12/09/2022 12:10
|
|||
30/06/2022
|
|||
23/06/2022 12:30
No mes de Xuño, no María Mariño tamén estivemos movendo o esquelete con moitas actividades deportivas, coñecendo a moita xente maravillosa. Gracias a tod@s pola participación. Aquí queda un vídeo con algunhas imaxes sobre estas actividades.
|
|||
22/06/2022
Dende o RC Deportivo, envíannos información sobre o campus de verán. Achegámosvos o enlace para información e inscripción. http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/genuine-2022/inicio
|
|||
21/06/2022
Xa se achegan as vacacións... Foi un curso cheo de aprendizaxes para todas e todos, e o día 22 poñeremos broche final a este curso 21-22. Adxuntamos a circular de fin de curso con información detallada. |
|||