Saltar navegación

Citar un sitio web

Infórmate

Cando se toman contidos dun sitio web ou, sinxelamente, cando queiramos referirnos a unha páxina web, para inserila nunha webgrafia por exemplo, é necesario aportar os datos que identifiquen ese documento e sirvan para localizalo e acceder a el. E todo dacordo con algún dos estándares existentes para citas e referencias bibliográficas.

Cando empregamos palabras, imaxes, vídeos... alleos e non os referenciamos adecuadamente incorremos en plaxio. Debemos evitalo e atribuír correctamente a autoría dos recursos alleos. O artigo “Competencia para Manejar Información (CMI) El plagio, qué es y cómo se evita” (1) contribuirá a aclarar algunhas ideas non só sobre o plaxio, senón tamén sobre que se debe citar e como facelo, como se pode evitar o plaxio, en que consiste parafrasear e que parafraseos son aceptables ou inaceptables...

Neste curso decidímos seguir a norma ISO-690-2 (para documentos electrónicos) [2] para citar sitios web e documentos en liña, por ser a moi adoptada [3]. Os datos que cómpre aportar son:

Autor, autora, institución. Título do arquivo ou da páxina web exacta referenciada. [En liña] ((ou o soporte no que está: DVD, internet...)). Dispoñible: ((URL exacta da páxina ou documento web)). [Consulta: data].

É doado recoller estes datos e nese formato empregando Zotero [4], unha extensión para algúns navegadores como Firefox, Safari, Crome..

A cita feita antes coa ferramenta da Wikipedia podemos facela co Zotero:

Aprendizaxe por proxectos - Wikipedia, a enciclopedia libre”, [En liña]. Dispoñible: http://gl.wikipedia.org/wiki/Aprendizaxe_por_proxectos. [Consulta: 5-novembro-2013].

Unicamente deberemos engadir o autor e facer accesible a ligazón, é dicir:

Colaboradores de Wikipedia. “Aprendizaxe por proxectos - Wikipedia, a enciclopedia libre”, [En liña]. Dispoñible: http://gl.wikipedia.org/wiki/Aprendizaxe_por_proxectos. [Consulta: 5-novembro-2013].

Fíxate que Zotero non inclúe o nome do autor polo que cómpre ter a precaución de anotalo a man. A práctica totalidade das referencias bibliográficas deste curso fixéronse con Zotero. Calquera delas pode servir de exemplo.

Lembra que as referencias webgráficas que aparezan no teu proxecto final deberán respectar os estándares de cita e referencia webgráfica.

Estudo de caso

Analiza esta cita textual e a forma de referenciala:

¿Qué es Lorem ipsum?

Lorem Ipsum es simplemente el texto de relleno de las imprentas y archivos de texto. Lorem Ipsum ha sido el texto de relleno estándar de las industrias desde el año 1500, cuando un impresor (N. del T. persona que se dedica a la imprenta) desconocido usó una galería de textos y los mezcló de tal manera que logró hacer un libro de textos especimen. No sólo sobrevivió 500 años, sino que tambien ingresó como texto de relleno en documentos electrónicos, quedando esencialmente igual al original. Fue popularizado en los 60s con la creación de las hojas "Letraset", las cuales contenian pasajes de Lorem Ipsum, y más recientemente con software de autoedición, como por ejemplo Aldus PageMaker, el cual incluye versiones de Lorem Ipsum. [1]

[1] “Lorem Ipsum - All the facts - Lipsum generator”, [En liña]. Dispoñible: http://es.lipsum.com/. [Consulta: 13-marzo-2014].



Outro exemplo, un fragmento copiado textualmente dun sitio web:

"Haber adquirido un libro o cualquier otro material sujeto a derechos de autor no otorga derecho a hacer cualquier cosa con el mismo. Hay que diferenciar el soporte, que sí que nos pertenece, con el contenido de propiedad intelectual, del que únicamente tenemos un derecho de uso según la licencia de adquisición. Así, por ejemplo, un libro que hemos comprado nos da derecho a fotocopiarlo para nuestro uso, pero no lo podemos copiar para luego redistribuirlo. Tampoco lo podemos digitalizar o subirlo a la red sin permiso de los titulares de los derechos." [2]
[2] J. O. Castanedo, R. Luna P. Barberán Obra colectiva para a Rede Iberoamericana de TIC e Educación (RIATE) e o Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE).  "Creación, reutilización y difusión de contenidos | Situaciones con las que puede encontrarse el docente”, [En liña]. Dispoñible en: http://www.riate.org/version/v1/recursos/cursolicenciasnavegable/situaciones_con_las_que_puede_encontrarse_el_docente.html. [Consulta: 6-xullo-2014].

Actividade - Instalar Zotero e crear as referencias en galego

Imaxe do arquivo PDF Como citar contidos PDF.
@agustincs. Imaxe do arquivo PDF Como citar contidos de Internet. CC BY-SA 4.0

Icona das actividadesZotero é unha extensión de Firefox. Para instalala, entraremos na súa páxina web e integrarémola a Firefox directamente dende alí, sen necesidade de descargar programas de instalación.

Descarga o PDF "Como citar contidos de Internet" (1 páxina) con todas as instrucións necesarias para a instalación, o uso habitual de Zotero así como a forma de referenciar arquivos pdf situados en internet.



Icona das actividades

Por defecto, Zotero creará as referencias webgráficas en castelán. Se desexas que as faga en galego, deberás instalar o estilo galician-ISO-690-2.csl

Para incorporalo á Zotero: Preferencias > Citar > Estilos > + (localizar o arquivo galician-ISO-690-2.csl descargado) > instalar > pechar preferencias.

Actividade - Crear unha referencia webgráfica a un sitio web

Icona das actividades

En eXeLearning, creamos un iDevice novo, de texto libre por exemplo ou unha Etiqueta, Páxina ou Libro en Moodle

  • Abrimos unha páxina web en Firefox, a que queiramos referenciar.
  • Prememos na icona de Zotero.
  • Seguimos os pasos (do nº 7 ao 15) indicados no PDF "Como citar contidos de Internet" para crear con Zotero a referencia webgráfica dese sitio web.
  • Inserir a referencia webgráfica no iDevice, colándoo.
  • Ollo coa autoría do sitio web: cómpre inserila a man!!.
  • Facemos activa a URL da referencia situando o cursor ao final dela e premendo na barra espaciadora.
  • Unicamente falta facer accesible a ligazón:
    • Indicar no título o sitio web que se abrirá ao activar a ligazón.
    • Se o configuramos para que se abra nunha ventá nova, indicarémolo no texto alternativo.

Por exemplo, referencia da páxina da CIUG. Zotero xera a seguinte referencia:

Comisión Interuniversitaria de Galicia”, [En liña]. Dispoñible: http://ciug.cesga.es/. [Consulta: 29-xuño-2014].

que deberemos editar para incluir a autoría e facer accesible a ligazón, é dicir, deixala deste xeito:

USC. “Comisión Interuniversitaria de Galicia”, [En liña]. Dispoñible: http://ciug.cesga.es/. [Consulta: 29-xuño-2014].

Actividade - Crear unha referencia webgráfica a un documento PDF aloxado na rede

Icona das actividades

En eXeLearning, creamos un iDevice novo, de texto libre por exemplo ou unha Etiqueta, Páxina ou Libro en Moodle

  • Navegamos con Firefox ata un documento PDF aloxado na rede (en calquera páxina web, en Dropbox...) que queiramos referenciar.
  • Prememos na icona de Zotero.
  • Creamos a referencia (paso nº 7 na páxina sobre Zotero).
  • Agora seguimos os pasos nº 11 ao 15.
  • Inserimos a referencia webgráfica no iDevice, colándoo.
  • Ollo coa autoría do sitio web: cómpre inserila a man!!.
  • Facemos activa a URL da referencia situando o cursor ao final dela e premendo na barra espaciadora.
  • Unicamente falta facer accesible a ligazón:
    • Indicar no título o sitio web que se abrirá ao activar a ligazón.
    • Se o configuramos para que se abra nunha ventá nova, indicarémolo no texto alternativo.

Por exemplo, referencia a un documento PDF aloxado en Dropbox. Zotero xera a seguinte referencia :

Citar_empregando_zotero_20140629.pdf - Dropbox”, [En liña]. Dispoñible: https://www.dropbox.com/sh/8ofpfu8e504mxit/AACywwoIy4Sc6DcOjrBrJhJSa/Zotero/citar_empregando_zotero_20140629.pdf. [Consulta: 29-xuño-2014].

que deberemos editar para incluir a autoría e facer accesible a ligazón, é dicir, deixala deste xeito:

@agustincs “Citar_empregando_zotero_20140629.pdf - Dropbox”, [En liña]. Dispoñible: https://www.dropbox.com/sh/8ofpfu8e504mxit/AACywwoIy4Sc6DcOjrBrJhJSa/Zotero/citar_empregando_zotero_20140629.pdf. [Consulta: 29-xuño-2014].

Referencias webgráficas

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)