Gallego

Zona peonil

fr. subst. Espazo da vía pública onde non está permitida a circulación de vehículos de motor nin de ciclomotores, exceptuando os vehículos de urxencia, os taxis que transportan persoas de mobilidade reducida, vehículos privados dos residentes e, por veces, vehículos de carga e descarga e de servizos. Nesta zona teñen prioridade de paso os peóns. É frecuente nos núcleos residenciais e nas zonas comerciais ou de lecer das áreas urbanas.

Gallego

Tema: 

Sección: 

Inicio do curso Estratexias didácticas de educación para a seguridade viaria no ensino non universitario. Edición 2012

A plataforma educativa en liña da Consellería de Educación acaba de botar a andar un curso a distancia de educación viaria para docentes coa fin de que esta materia transversal se vaia introducindo con firmeza no currículo escolar. En definitiva, pretende fornecer o profesorado de fundamentos teóricos de formación viaria xunto coas propostas didácticas para introducir a educación viaria nas aulas.

Os seus obxectivos son os seguintes:
· Adquirir e reciclar contidos de formación viaria útiles para o seu tratamento na aula.
· Descubrir a vertente cívica da formación viaria a través da educación viaria.
· Adquirir pautas e estratexias para introducir de xeito ameno a educación viaria nas distintas materias do currículo.

Entre os contidos que se abordarán están os seguintes: lexislación, os usuarios da vía, a vía, a velocidade, os sinais de tráfico, a iluminación, as manobras, a sinistralidade, as medidas de seguridade activa e pasiva, os primeiros auxilios, a documentación do vehículo e recursos de explotación didáctica.

O curso conta cunha matrícula de 100 alumn@s e estará en marcha ata a primeira quincena de maio.

 

Gallego
Estratexias didácticas de educación viaria no ensino non universitario

Tema: 

Sección: 

Camiño escolar seguro no Centro de Educación Infantil e Primaria Álvarez Limeses de Pontevedra

O CEIP Álvarez Limeses da cidade de Pontevedra ven participando co apoio da súa ANPA desde o curso pasado no programa "Camiño escolar" do Concello de Pontevedra. Esta iniciativa ten como obxectivo que o alumnado do centro poida trasladarse a pé con seguridade desde o seu domicilio ata a escola.

Tal e como se pode ver no seguinte diagrama, os colectivos implicados nesta iniciativa pasa polos pais e nais, persoas voluntarias, bares e comercios, persoal docente, veciños e a policía local, que teñen como obxectivo principal que o alumnado chegue "ao cole con máis seguridade e confianza".

 

A continuación ofrécese unha noticia sobre esta actividade de Educación Viaria realizada polo primeiro canal da TVE:

Gallego
Camiño Escolar Seguro CEIP Álvarez Limeses

Tema: 

Sección: 

Beirarrúa

s.f. Marxe máis extrema dunha vía de comunicación, normalmente das vías urbanas, que polo xeral aparece elevada respecto do resto da plataforma para protexer a circulación dos peóns. Cast. acera.

Gallego

Tema: 

Sección: 

Beiravía

s.f. Marxe dunha estrada, situada dentro da calzada, marcada cunha liña branca continua e lonxitudinal, que se destina á circulación de peóns, bicicletas e vehículos de tracción animal e, se é o caso, á parada incidental de vehículos. Cast. arcén.

Gallego

Tema: 

Sección: