Título node Learning object
A plataforma educativa en liña da Consellería de Educación acaba de botar a andar un curso a distancia de educación viaria para docentes coa fin de que esta materia transversal se vaia introducindo con firmeza no currículo escolar. En definitiva, pretende fornecer o profesorado de fundamentos teóricos de formación viaria xunto coas propostas didácticas para introducir a educación viaria nas aulas.
Os seus obxectivos son os seguintes:
· Adquirir e reciclar contidos de formación viaria útiles para o seu tratamento na aula.
· Descubrir a vertente cívica da formación viaria a través da educación viaria.
· Adquirir pautas e estratexias para introducir de xeito ameno a educación viaria nas distintas materias do currículo.
Entre os contidos que se abordarán están os seguintes: lexislación, os usuarios da vía, a vía, a velocidade, os sinais de tráfico, a iluminación, as manobras, a sinistralidade, as medidas de seguridade activa e pasiva, os primeiros auxilios, a documentación do vehículo e recursos de explotación didáctica.
O curso conta cunha matrícula de 100 alumn@s e estará en marcha ata a primeira quincena de maio.