Portfolio Europeo das Linguas

O Portfolio Europeo das Linguas é un proxecto desenvolto polo departamento de Política  Lingüística do Consello de Europa dende 1998, ano no que se comezan a pilotar os primeiros modelos validados ata o ano 2000. Entre o 2001 e o 2003, emítense os primeiros informes de resultados da experimentación.

A publicación en 2001, tras 10 anos de traballo, do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (MCER), constitúe o froito dun sentimento de “necesidade de elaborar unha obra global, un documento de referencia que permitira aos profesionais das linguas utilizar un metalinguaxe común, unha ferramenta de maior transparencia e coherencia en toda Europa, e que conservara ao mesmo tempo a flexibilidade para a adaptación aos diferentes contextos.” (Panthier, 2002, páx. 3).

O proxecto Portfolio Europeo das Linguas (PEL) podería considerarse como a proposta para a aplicación na práctica do Marco. É un instrumento, de formato variable e sempre flexible, encamiñado a desenvolver a conciencia da aprendizaxe. Os que aprenden linguas poden rexistrar nel, de forma guiada e sistemática, a súa competencia lingüística, as acreditacións obtidas en materia de linguas e todas as experiencias lingüísticas e culturais significativas.

No ano 2007 finaliza o período de experimentación para comezar implantación voluntaria nos centros educativos.

O Consello de Europa determina que o modelo conste de tres partes:

Pasaporte de linguas:

Reflicte mediante as competencias descritas no cadro de autoavaliación o que o titular saber facer en distintas linguas. Tamén contén información sobre acreditacións: diplomas obtidos, cursos aos que asistiu e contactos relacionados con outras linguas e culturas.

Biografía lingüística:

Aquí se describen as experiencias, os coñecementos lingüísticos e as habilidades do titular en cada unha das linguas e está deseñada para servir de guía ao usuario á hora de planificar e avaliar o seu progreso.

Dossier:

O usuario recolle nel unha mostra selectiva dos traballos persoais que ilustran as súas capacidades e coñecementos lingüísticos (certificacións, traballos escritos, producións orais, proxectos, etc.).

 

PRIMEIRO PREMIO SELO EUROPEO 2012

 

Ponencias das Xornadas das de formación sobre o PEL (2004-2011)

 

 

 

 

Menús Generic node R

Portfolio Europeo das Linguas

Sen términos