Preguntas frecuentes
Actualizado para o curso 2024/25
1. Que centros poden participar?
-
A convocatoria está dirixida a centros públicos e concertados.
-
Cada programa establece os seus criterios de selección e o límite de centros.
2. Cantos programas se poden solicitar?
-
Os que o centro decida, ata un máximo de 10.
3. Cando remata o prazo para formalizar a solicitude?
-
O prazo remata o día 27 de setembro de 2024 (incluído).
4. Como se formaliza a solicitude? Quen debe facelo?
-
Todo o procedemento de solicitude debe realizarse a través da aplicación informática do Plan Proxecta+ (véxase o apartado 8 da convocatoria). Non haberá que presentar a solicitude en papel a través do Rexistro Xeral.
-
A solicitude debe abrila a persoa directora do centro. A ruta é a seguinte: entrar co usuario da persoa directora > seleccionar Plan Proxecta+ e curso 2024/25> Listaxe programas > seleccionar o programa desexado > premer SOLICITAR.
-
Ábrese unha pantalla cos campos do proxecto e aí débese premer CREAR (non é preciso aínda encher eses campos).
-
Unha vez aberta, a persoa directora debe introducir o DNI da persoa que vaia coordinar o proxecto. A partir de aquí a solicitude estará en estado de "edición".
-
A persoa coordinadora, unha vez indicado quen é na aplicación, debe cubrir os contidos do proxecto que o centro quere desenvolver.
-
Unha vez rematada a descrición do proxecto que se pretende desenvolver, a persoa directora do centro debe pechar a solicitude premendo ENVIAR.
-
Rematados todos estes pasos, a solicitude estará en estado de "trámite".
-
A presentación da solicitude supón o compromiso do centro e do profesorado implicado no desenvolvemento do/s programa/s en que se inscriba.
5. Que quere dicir que a solicitude está en estado de...?
- Edición: a solicitude está en proceso de elaboración, ou sexa, o centro aínda non rematou de cubrila. É a dirección do centro quen debe pechar a solicitude .
- Trámite: o proxecto está rematado, pechado e enviado. Neste caso, figurará a data de peche para comprobar que se fixo dentro do prazo.
- Anulada: a solicitude foi invalidada por algún tipo de incidencia ou por renuncia antes do inicio do proceso de selección.
- Admitida: a solicitude cumpre os criterios do programa e é admitida dentro da cota de centros establecida polo programa.
- Non admitida: a solicitude está en regra, pero non cumpre os criterios de programa ou non entra dentro da cota de proxectos admitidos, polo tanto é desbotada.
- Renuncia: a solicitude é desbotada polo propio centro.
Estes cambios de estado comunícanse ao centro automaticamente a través dun correo electrónico emitido desde a aplicación informática.
O percorrido habitual dunha solicitude sería este: Edición > Trámite > Validada > Admitido
6. Onde se publicará a información relativa a esta resolución?
-
No Portal educativo, na web do Plan Proxecta+ e na páxina de Inicio da aplicación de xestión.
-
Ademais, tras a publicación da resolución defintiva os centros admitidos nos programas recibirán un xustificante da súa solicitude a través do correo electrónico que comunica o paso de solicitude a ADMITIDO.
7. Que duración ten a participación no Plan Proxecta+?
-
O curso escolar para o que se convoca, isto é, 2024/25.
-
Todos os programas do Plan Proxecta+ teñen unha temporización de curso completo a excepción dos programas Consumópolis e Clases sen fume que teñen unha temporización de medio curso.
8. Ten algún tipo de recoñecemento a participación do profesorado participante no Plan Proxecta+?
-
Si, certificarase como actividade de innovación educativa, cunha equivalencia en número de horas de formación que dependerá da actividade de curso completo ou medio curso do programa en que se inscriba e conforme á normativa en vigor en materia de recoñecemento das actividades de innovación educativa do profesorado (Orde de 14 de maio de 2013).
-
Durante o curso 2024/25 a equivalencia en número de horas de formación será a seguinte:
-
Proxectos que se realicen só medio curso (Consumópolis e Clases sen fume)
-
Coordinación: 15 horas
-
Participación: 12 horas
-
-
Proxectos que se realicen durante todo o curso (todos os demais programas):
-
Coordinación: 30 horas
-
Participación: 20 horas
-
-
-
Cómpre ter en conta que nunca se vai certificar por máis dun Plan Proxecta; é dicir, aínda que un docente participe en varios plans, acadará unha soa certificación por curso académico.
9. Pode participar todo o profesorado?
-
Pode participar o profesorado que teña destino no centro solicitante durante o curso 2024/25, cando menos no período no que se desenvolva o programa.
-
Será indispensable para obter a certificación ter participado polo menos no 80% do programa, así como estar rexistrado na aplicación informática antes do 17 de xaneiro de 2025. Calquera cambio posterior debe estar debidamente xustificado e as solicitudes para modificar o profesorado deben incluír a data de incorporación do docente ao centro e o visto e prace de inspección educativa.
10. En cantos programas pode participar o profesorado? Cantos proxectos se poden coordinar?
-
Cada centro poderá participar no número de programas que poida desenvolver de forma efectiva ata un máximo de dez.
-
Cada docente (á marxe da súa condición de coordinador/a ou participante) recibirá unha única certificación por curso académico, independentemente do número de programas nos que participe.
-
Se un/unha docente participa en máis dun programa con distintos roles recibirá unha única certificación por curso académico. Prevalecerá sempre a condición de coordinador/a sobre a de participante. Se o rol é o mesmo prevalecerá a participación en programas de temporización de curso completo sobre os de medio curso.
11. Que sucede se un docente se dá de baixa do programa?
-
Se un docente deixa de participar no desenvolvemento do programa, na memoria final deixarase en branco o cadro que acredita a súa participación. Asimesmo, a persoa coordinadora marcará a opción "Non certifica" na memoria.
-
Se o docente que se dá de baixa é a persoa que coordina o programa, cómpre substituíla canto antes tanto no traballo efectivo coma na aplicación informática para que se poidan realizar debidamente os labores de coordinación.
-
Se o programa chega ao final do curso só cun docente participante deixaranse de cumprir as bases da convocatoria.
12. Que sucede se un docente se quere incorporar ao desenvolvemento dun programa?
-
Ata o 17 de xaneiro de 2025 pódense incorporar docentes que non estivesen incluídos na solicitude. Cómpre comunicalo canto antes á Asesoría de Innovación Educativa para dalos de alta na aplicación. A partir desa data non se poderá facer ningunha outra incorporación salvo as que estean debidamente xustificadas e valoradas favorablemente pola comisión.
13. Que obrigas teñen os docentes participantes no desenvolvemento dun programa?
-
En canto á persoa que exerza o labor de coordinador/a,
-
Establecer as liñas estratéxicas do programa na solicitude do proxecto
-
Propoñer accións
-
Coordinar as accións
-
Realizar a memoria final
-
-
En canto aos outros docentes participantes,
-
Desenvolver as accións propostas
-
14. Cal é a razón de ser dos proxectos desenvolvidos ao abeiro do Plan Proxecta+?
-
O traballo interdisciplinario entre o profesorado participante, que colaborará desde a súa área ou departamento
-
O traballo activo do alumnado, que será o verdadeiro protagonista da execución dos proxectos
-
A visibilización do traballo, que será exposto a través das canles de comunicación habituais (blog, web, prensa...)
-
A integración dos proxectos de traballo na práctica de aula
-
A integración da aprendizaxe no medio en que vive o alumnado
15. Que debe incluír a memoria final?
-
As tarefas realizadas por cada docente, de xeito pormenorizado
-
As accións deseñadas e desenvolvidas no centro
-
As accións executadas por proposta dos responsables do programa (saídas, visitas, uso de material didáctico recomendado...)
-
O grao de cumprimento dos obxectivos propostos
-
O nivel de participación do alumnado e das familias no desenvolvemento das actividades
-
Os produtos elaborados polo alumnado
-
As ligazóns aos contidos que visibilizan as actividades realizadas polo centro
16. Como se edita e envía a memoria final? Quen debe facelo?
-
A edición e o envío da memoria debe realizarse a través da aplicación informática do Plan Proxecta+ (véxase o apartado 11 da convocatoria). Non haberá que presentar a memoria en papel a través do Rexistro Xeral.
-
A memoria debe elaborala a persoa coordinadora do programa. A ruta é a seguinte: entrar co usuario da persoa coordinadora > seleccionar Plan Proxecta+ e curso 2024/25 > Memorias > Listaxe memorias coordinador > icona LAPIS.
-
Ábrese unha pantalla cos campos da memoria para encher. Para gardar os cambios débese premer GRAVAR.
-
Unha vez rematada a memoria, a persoa directora do centro debe entrar coa súa conta e enviar a memoria. A ruta é a seguinte: entrar co usuario da persoa directora > seleccionar Plan Proxecta+ e curso 2023/24 > Memorias > Listaxe memorias > icona LAPIS > premer REMATAR E ENVIAR.
-
Realizados todos estes pasos, a memoria constará como enviada e pasará a estado "rematada" na aplicación.
17. Cales son as razóns polas que se pode suspender a memoria final?
-
Que non se dea debida conta das tarefas realizadas por cada docente.
-
Que non se cumpran os niveis de participación mínimos esixidos polas bases da convocatoria.
-
Que non se expliquen as accións realizadas.
-
Que non se participe das accións promovidas polo programa.
-
Que non se indique o grao de cumprimento dos obxectivos propostos.
-
Que non se indique o nivel de participación do alumnado e das familias no desenvolvemento das actividades.
-
Que non se identifiquen e amosen os produtos elaborados polo alumnado.
-
Que non haxa evidencias do traballo realizado, ou sexa, que non se indiquen as ligazóns aos contidos que visibilizan as actividades realizadas polo centro.