Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Consellería do Medio Rural
- Dirección Xeral de Defensa do Monte
Definición: participación dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria e ESO
Límite de centros participantes: 13
Criterios de selección:
- Distribución territorial equitativa de acordo coa organización dos distritos forestais.
- Centros educativos no medio rural.
- Centros educativos en Zonas de Alto Risco de incendio (ZAR).
- O programa priorizará proxectos que consigan o obxectivo de incrementar a concienciación da poboación fronte aos incendios.
Responsable do programa:
Nome: Pablo Fernández Coroas / Carmen Mª Seco García
Departamento: Subdirección Xeral de Prevención, Servizo de Actuacións Preventivas
Teléfono: 981 546 058 / 981 546 063
Correo electrónico: pablo.fernandez.coroas@xunta.gal / carmen.maria.seco.garcia@xunta.gal
Obxectivo xeral
O obxectivo do programa é fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais, permitindo que tomen conciencia dos valores dos bosques, o seu uso sostible e a contribución á protección da biodiversidade.
O programa centrarase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto á diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte e da calidade das augas, do ocio...
Palabras clave
Incendios forestais. Medio ambiente. Recursos forestais.
Temporización
A temporización abarca todo o curso escolar.
Actividades e recursos
Participación de persoal dos Distritos Forestais, previa solicitude, como apoio das actividades que realicen os centros cando poidan integrarse no programa presentado, a través de charlas e visitas.
Criterios xerais do Plan Proxecta
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
Criterios específicos
4. Número e calidade das actividades relacionadas co programa que foron desenvolvidas durante o curso.
5. Grao de cumprimento do programa con relación aos compromisos presentados na memoria inicial.
6. Nivel de calidade do traballo final.