A Consellería de Cultura e Educación implantará por primeira vez a FP a distancia o vindeiro curso no CIFP As Mercedes, no que se impartirán 3 novos ciclos

Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia cumpre co seu compromiso de reforzar a súa oferta do centro tras a conversión en Centro Integrado de Formación Profesional

Ven, 07/06/2013 - 18:55
 A Consellería de Cultura e Educación implantará por primeira vez a FP a distanc
A Consellería de Cultura e Educación implantará por primeira vez a FP a distancia o vindeiro curso no CIFP As Mercedes, no que se impartirán 3 novos ciclos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, implantará o vindeiro curso 2013/2014 por primeira vez a Formación Profesional a distancia no CIFP As Mercedes, cumprindo así o compromiso de reforzar a súa oferta de ciclos formativos tras a súa conversión en Centro Integrado de Formación Profesional.

En concreto, o CIFP As Mercedes ofertará para o vindeiro curso na modalidade a distancia o ciclo de grao superior de Transporte e Loxística, un dos primeiros ciclos formativos adaptados á Lei das Cualificacións Profesionais que se implantan en Galicia este curso da familia profesional do Comercio e Márketing. Así mesmo, e xa na modalidade presencial, o centro incorporará os ciclos de grao superior en Márketing e publicidade, e o de desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e fluídos.

Esta nova oferta suporá un incremento de 102 prazas no centro, o que demostra o acertado da súa conversión en CIFP para dar resposta ao crecente interese das galegas e galegos na FP. A oferta deste centro irase incrementando conforme o Ministerio vaia completando o catálogo de titulacións e se avance na remodelación dos talleres as Mercedes.