A Consellería de Cultura e Educación recoñece a excelencia científica dos investigadores do Programa Isidro Parga Pondal do ano 2008 coa acreditación da súa produción

O procedemento recoñece a probada calidade da produción dos cinetíficos que rematan o devandito programa, tras cinco anos de labor nas universidades

Os 17 investigadores cuxos expedientes foron avaliados recibiron, cada un deles, preto de 180.000 euros ao longo dos cinco anos que durou o programa

Ven, 10/05/2013 - 14:35
A Consellería de Cultura e Educación recoñece a excelencia científica dos invest
A Consellería de Cultura e Educación recoñece a excelencia científica dos investigadores do Programa Isidro Parga Pondal do ano 2008 coa acreditación da súa produción

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver o proceso de acreditación do cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico-tecnolóxica, que implican unha traxectoria destacada para os investigadores do último ano do Programa Parga Pondal convocado en 2008. Dos 17 expedientes sometidos a este proceso de análise, levado a cabo a través da Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia, todos eles foron avaliados positivamente, e recibirán a certificación que o acredita.

Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia dá un novo impulso ao sistema galego de I+D. Non en balde, esta avaliación, que se realiza no último ano do contrato, supón para os investigadores que a superaron o recoñecemento de que o seu traballo está acorde cos requirimentos de excelencia científica.

Dos investigadores avaliados, 9 corresponden á Universidade de Santiago de Compostela, 6 á de Vigo e 2 á da Coruña. A duración do contrato de cada investigador foi de cinco anos e desenvolveuse entre o 2008 e o 2013.  O custe total do Programa Isidro Parga Pondal correspondente a adxudicación do ano 2008 foi de 4.248.000 euros e nel participaron un total de 25 investigadores dende o seu inicio. En concreto, cada un dos 17 investigadores avaliados percibiu unha media de case 180.000 euros durante todo o tempo que estivo no programa.

O obxectivo do Programa Parga Pondal é contribuír á incorporación de recursos humanos do sistema de I+D de Galicia mediante as axudas á contratación de doutores cunha formación investigadora acreditada en organismos científicos estatais ou estranxeiros, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza