A Consellería de Cultura e Educación súmase ao recoñecemento aos galegos que acadaron o premio nacional de bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos participou hoxe na entrega de galardóns

Mar, 07/05/2013 - 17:54
O director xeral de Centros e Recursos Humanos participou hoxe na entrega de gal
O director xeral de Centros e Recursos Humanos participou hoxe na entrega de galardóns

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe no acto de entrega de galardóns aos alumnos galegos recoñecidos co Premio Nacional de Bacharelato correspondente ao curso 2011/2012. O director xeral de Centros e Recursos Humanos acompañou a Alberto Escobar Rivas (IES Sánchez Cantón, Pontevedra) no acto celebrado esta mañá na Biblioteca Nacional, que foi presidido polo ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert. Asi mesmo, a Consellería expresou a súa felicitación a Óscar Rivero Salgado (IES Cidade de Antioquía, Xinzo de Limia), o outro galego galardoado, que non puido asistir á cerimonia.

O representante do departamento educativo da Xunta valorou o esforzo de estes dous alumnos, “cuxo recoñecemento é unha proba da calidade do ensino de calidade que se está a impartir nos centros educativos públicos de Galicia”. Cómpre salientar que Escobar e Rivero foron, respectivamente, o número 1 e 2 de todos os recoñecidos a nivel estatal con este galardón.

Menús News node R

Colectivo

Ensinanza