Orde do 12 de maio de 2010 pola que se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que remate os seus estudos universitarios no ano 2010 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia

Lun, 24/05/2010 - 09:36

Convócanse premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos ao alumnado universitario matriculado en calquera dos centros pertencentes a algunha das tres universidades galegas  que rematen os estudos no curso académico 2009-2010, co obxectivo  de facer un recoñecemento expreso da súa excelencia académica.

Estes premios son compatibles con outras bolsas e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Poderán solicitar estas axudas  os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Posuíren a nacionalidade española ou ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea.
  • Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 2,7 puntos,  para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades,  Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 2 puntos, para alumnos  da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media  calculada  de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 21 de febreiro de 2005 entre esta consellería e as universidades galegas.
  • Teren  rematada a carreira no curso académico 2009/2010, nos termos que figuran no artigo 4º desta orde.  
  • Naquelas titulacións para as que sexa necesario  realizar  o proxecto fin de carreira, será imprescindible que figure na  certificación académica  a data de avaliación do proxecto  e o curso académico no  que foi superado.
  • En ningún caso o 1º ciclo dunha titulación de LRU poderá servir de base para a concesión de máis dun premio fin de carreira dunha titulación de ciclo longo.

Aqueles alumnos que xa obtiveron este premio en anteriores convocatorias, non poderán obtelo de novo

Período de solicitude:

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2010.

As listas provisionais de admitidos e excluídos por documentación serán expostas o 26 de outubro do presente ano os interesados disporán dun prazo de reclamación que é do 27 de outubro o 6 de novembro de 2010.