O conselleiro de Cultura e Educación apoia a colaboración entre Galicia e o norte de Portugal no impulso da formación profesional en hostalaría e turismo

Xesús Vázquez Abad recibiu hoxe unha delegación de directores de centros educativos que imparten estas ensinanzas na nosa comunidade e na localidade lusa de Lamego

Xov, 18/04/2013 - 14:37
Xesús Vázquez Abad recibiu hoxe unha delegación de directores de centros educati
Xesús Vázquez Abad recibiu hoxe unha delegación de directores de centros educativos que imparten estas ensinanzas na nosa comunidade e na localidade lusa de Lamego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, amosou hoxe o seu apoio aos establecemento de vías de colaboración entre Galicia e o norte de Portugal no impulso da formación profesional no eido da hostalaría e o turismo. Fíxoo na reunión mantida na Consellería cunha delegación de directores de centros educativos que imparten estas ensinanzas na nosa comunidade e na localidade lusa de Lamego.

Ao encontro acudiron, ademais do conselleiro, o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; a subdirectora xeral de FP, Mª Eugenia Pérez Fernández; da Escola de Hotelaria e Turismo do Douro-Lamego, Paulo Morais Vaz; o delegado para Portugal das feiras XANTAR E TERMALIA, Antonio García; e os directores dos CIFP Manuel Antonio (Vigo), Manuel Hermo Piñeiro; Compostela, Ramiro Esparís Sampredro; Carlos Oroza (Pontevedra), Primitivo López Valcarce; e do IES Vilamarín (Ourense), Alberto Otero Tuñas.

Ao longo desta xornada de achegamento, os integrantes da delegación visitarán as instalación do CIFP Manuel Antonio, na cidade olívica e do CIFP Compostela, na capital de Galicia.