A Consellería de Educación dotará a 41 centros educativos de Ourense preto de 2.000 ordenadores ultraportátiles para o desenvolvemento do proxecto Abalar o vindeiro curso
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, presentou aos directores dos centros ourensáns a estratexia de implantación das TIC no sistema educativo
Case 2.000 alumnas e alumnos de 41 centros de Ourense terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos da zona, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Un investimento de 1.450.000 euros en equipamento informático, infraestruturas e formación do profesorado, o que demostra a forte aposta que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a facer pola calidade do ensino nos centros de Ourense e a súa área.
Así o asegurou o Delegado Territorial de Ourense, Rogelio Martínez, que presentou hoxe o Plan ABALAR para a comarca de Ourense, acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema; e o subdirector xeral de Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Carlos Vázquez Mariño.
Tras o encontro cos medios os representantes da Consellería de Educación mantiveron unha reunión cos directores dos 41 centros públicos e privados da provincia de Ourense que participan nesta primeira fase do Proxecto ABALAR. Os primeiros en entrar no proxecto para a implantación das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), o vindeiro curso serán 91 aulas de colexios e institutos da provincia. Así, os alumnos e alumnas de 5º de Primaria e 1º da ESO, disporán de cadanseu ordenador ultraportátil. Ademais, o proxecto dotará ás aulas de encerado dixital e ordenador de sobremesa para o profesorado.
Integración da comunidade educativa
A estratexia de implantación das TIC no sistema educativo que está a desenvolver a Consellería de Educación, a través do Proxecto ABALAR vai supor a conversión de colexios e institutos en Centros Educativos Dixitais, o que redundará nun cambio do modelo ensino-aprendizaxe. Isto esixe a adopción e integración das TIC en todos os ámbitos do proceso educativo, a través do fomento da Cultura Dixital, e coa implicación das familias e de toda a comunidade educativa. Para favorecer esta participación, o proxecto disporá dun portal web propio, ‘espazoABALAR’, que será o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade –profesorado, alumnado, familias, ANPAS...-.
Deste xeito, as familias poderán facer un seguimento académico dos seus fillos en ‘espazoABALAR’, grazas a un procedemento de comunicación directa e multicanle cos profesores e titores.
Por outra banda, o espazo destinado aos docentes na plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado. Ademais, a web vai poñer ao seu dispor ferramentas moi demandadas polo profesorado como o ‘Caderno do Profesor’, no que atopará ferramentas para o control da asistencia do alumnado, o diario de clase, as tarefas e traballos asignados aos alumnos, etc. Parte desta información estará tamén dispoñible para as familias, de tal forma que poidan seguir de cerca o desenvolvemento académico dos seus fillos.
A súa participación no proxecto vai quedar tamén favorecida polo 'Repositorio de Contidos Educativos Dixitais'. Trátase dunha ferramenta que permitirá a xestión, difusión e emprego dos recursos educativos desenvolvidos pola comunidade educativa de Galicia para integrar as TIC, e onde se agregarán outros de diferente procedencia (repositorios doutras Comunidades Autónomas, Ministerio ou mesmo internacionais). Isto significa, dunha banda fomentar a colaboración entre a comunidade docente, aproveitando ademais as mellores prácticas desenvolvidas nos centros máis avanzados; e doutra poñer en valor o seu traballo, como actores fundamentais do cambio educativo.
No tocante ao alumnado, ‘espazoABALAR’ permitirá nun futuro novos mecanismos para traballar con estudantes que requiran unha atención especial e diferenciada.
Deste xeito, posibilitará a educación a distancia, facilitando o acceso ao ensino a enfermos de longa duración hospitalizados ou nas súas vivendas, persoas con mobilidade reducida, e estudantes con necesidades específicas. Ademais, permitirá un amplo seguimento académico, e a interacción co profesor ou a dirección do seu centro, o que se traduce nun claro fomento da actitude colaborativa.
Unha aposta de futuro
Baseado sobre accións planificadas no ámbito da tecnoloxía, da metodoloxía educativa, e da capacitación dos docentes, a meta final que persegue ABALAR é un cambio integral no modelo educativo, de tal forma que se pase do uso dunha aula específica de informática a que esta sexa parte diaria da actividade en todas as aulas.
No período 2010- 2013 está previsto que se beneficien da modernización do ensino uns 87.000 alumnos de 1.000 centros educativos de toda Galicia, ademais de 15.000 docentes, que recibirán formación específica para o uso das TIC na súa práctica diaria.
Centros Proxecto ABALAR en OURENSE
NOME
|
LOCALIDADE
|
CONCELLO
|
CEIP A Ponte
|
Ourense
|
Ourense
|
CEIP Albino Núñez
|
Ourense
|
Ourense
|
CEIP Amaro Refojo
|
Verín (Santa María A Maior)
|
Verín
|
CEIP Bibei
CEIP Calvo Sotelo
|
Viana Do Bolo (Santa María)
O Carballiño
|
Viana do Bolo
O Carballiño
|
CEIP Condesa de Fenosa
|
O Barco (San Amaro)
|
Barco de Valdeorras (O)
|
CEIP Curros Enríquez
|
Celanova (San Rosendo)
|
Celanova
|
CEIP Curros Enríquez
|
Ourense
|
Ourense
|
CEIP de Práct. da E.U. Form. Profes. EXB |
Ourense
|
Ourense
|
CEIP Julio Gurriarán Canalejas
|
O Barco (San Amaro)
|
Barco de Valdeorras (O)
|
CEIP Manuel Bermúdez Couso
|
A Pobra de Trives (Santo Cristo da Misericordia) |
Pobra de Trives (A)
|
CEIP Ramón Otero Pedrayo
|
O Barco (San Amaro)
|
Barco de Valdeorras (O)
|
|
CEIP TOTAL
|
12
|
|
|
|
CPI Antonio Faílde
|
Cambeo (Santo Estevo)
|
Coles
|
CPI Tomás de Lemos
|
Ribadavia (San Domingos De Fóra) |
Ribadavia
|
CPI Tomás Terrón Mendaña
|
Sobradelo (Santa María)
|
Carballeda de Valdeorras
|
CPI Virxe dos Remedios
|
Castro Caldelas (San Sebastián) |
Castro Caldelas
|
|
CPI TOTAL
|
4
|
|
|
|
CPR Divina Pastora
|
O Barco (San Amaro)
|
Barco de Valdeorras (O)
|
CPR Madre de Dios
|
Sobrado Do Bispo (Santa María)
|
Barbadás
|
CPR María Inmaculada
|
Verín (Santa María A Maior)
|
Verín
|
CPR Pablo VI Fátima
|
A Rúa De Valdeorras (Santo Estevo) |
Rúa (A)
|
CPR Sagrado Corazón
|
Celanova (San Rosendo)
|
Celanova
|
CPR San José
|
Ourense
|
Ourense
|
CPR Santa Maria
|
Ourense
|
Ourense
|
CPR Santa Teresa de Jesús
|
Ourense
|
Ourense
|
CPR Santo Ángel
|
Ourense
|
Ourense
|
|
CPR TOTAL
|
9
|
|
|
|
IES As Lagoas
|
Ourense
|
Ourense
|
IES Carlos Casares
|
Viana Do Bolo (Santa María)
|
Viana do Bolo
|
IES Castro de Baronceli
|
Verín (Santa María A Maior)
|
Verín
|
IES de Celanova
|
Celanova (San Rosendo)
|
Celanova
|
IES Eduardo Blanco Amor
|
Ourense
|
Ourense
|
IES Julio Prieto Nespereira
|
Ourense
|
Ourense
|
IES Manuel Chamoso Lamas
|
O Carballiño (San Cibrao)
|
Carballiño (O)
|
IES Martaguisela
|
O Barco (San Amaro)
|
Barco de Valdeorras (O)
|
IES Nº 1
|
O Carballiño (San Cibrao)
|
Carballiño (O)
|
IES O Couto
|
Ourense
|
Ourense
|
IES Portovello
|
Ourense
|
Ourense
|
IES Ramón Otero Pedrayo
|
Ourense
|
Ourense
|
IES Xermán Ancochea Quevedo
|
A Pobra de Trives (Santo Cristo da Misericordia) |
Pobra de Trives (A)
|
IES Xesús Ferro Couselo
|
Ourense
|
Ourense
|
IES Xesús Taboada Chivite
|
Verín (Santa María A Maior)
|
Verín
|
IES 12 de Outubro
|
Ourense
|
Ourense
|
|
IES TOTAL
|
16
|
|
|
|
|
TOTAL CENTROS
|
41
|