O Museo do Mar de Galicia pecha 24 horas para albergar una presentación industrial de vehículos

O museo, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, abrirá de novo o xoves

Mar, 02/04/2013 - 17:53
O Museo do Mar de Galicia pecha 24 horas para albergar una presentación industri
O Museo do Mar de Galicia pecha 24 horas para albergar una presentación industrial de vehículos

O Museo do Mar de Galicia pechará mañá ao público as súas instalacións, con motivo dos actos programados para o lanzamento industrial dos vehículos Peugeot Partner Electric e Citroën Berlingo Electric que terá lugar nas dependencias e nos exteriores deste espazo cultural dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os organizadores do evento elixiron o Museo do Mar pola súa situación estratéxica e simbólica en relación coa factoría PSA Peugeot Citroën, habida conta de que os vehículos que se fabrican e exportan dende Vigo,  comparten visualmente a súa traxectoria marítima e terrestre co edificio expositivo.

As instalacións do Museo do Mar de Galicia volverán a abrir as súas portas aos visitantes o xoves en horario de 10 a14 e de 17 a19 horas, de martes a domingos.