Orde do 14 de febreiro de 2013 pola que se ditan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos con centros docentes privados para o curso académico 2013/14 e seguintes, e se realiza a convocatoria

Lun, 01/04/2013 - 08:37

Xúntase a Orde do 14 de febreiro de 2013 pola que se ditan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos con centros docentes privados para o curso académico 2013/14 e seguintes, e se realiza a convocatoria.

O procedemento para acollerse ao réxime de concertos educativos ou para modificar os subscritos con anterioridade iniciarase por instancia da titularidade dos centros docentes privados que presentarán unha solicitude dirixida á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no mes de xaneiro anterior ao inicio do ano académico para o que se solicita.