Cultura e Educación abre esta Semana Santa aos visitantes a parte menos coñecida do Parque Arqueolóxico da Artes Ruprestre de Campo Lameiro

O PAAR prepara un programa de visitas guiadas especiais de xoves a domingo, exhibicións de caza e de lume

Mér, 27/03/2013 - 11:45
Cultura e Educación abre esta Semana Santa aos visitantes a parte menos coñecida
Cultura e Educación abre esta Semana Santa aos visitantes a parte menos coñecida do Parque Arqueolóxico da Artes Ruprestre de Campo Lameiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre esta Semana Santa aos visitantes a parte menos coñecido do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) a través dunha proposta de visitas guiadas especiais coas que se propón unha opción diferente para pasar estas datas en familia. Para iso están programadas visitas guiadas de xoves a domingo, ás 12.30 e 18.00 horas, que os sábado serán de balde.

Ademais destas visitas guiadas habituais, todos os días ata o domingo realizarase ás 16.30 horas a actividade “Paisaxes Culturais”, coa que as persoas que se acheguen ata Campo Lameiro poderán descubrir a parte menos coñecida da área arqueolóxica facendo un percorrido por outras estacións rupestres que se atopan dentro do Parque, a maiores das oito que conforman o percorrido habitual. Os participantes nesta experiencia coñecerán ademais os usos da paisaxe desde que estas terras comezaron a ser ocupadas por grupos humanos. A programación complétase con exhibicións de lume e caza de xoves a domingo.

Os visitantes que se acheguen a Parque Arqueolóxico durante este días poderán contemplar tamén a exposición temporal Arte Rupestre en Terras de Pontevedra, producida pola Mancomunidade Terras de Pontevedra coa finalidade de dar a coñecer esta extraordinaria manifestación do patrimonio arqueolóxico galego.

O PAAR manterá as súas portas abertas durante toda a Semana Santa de 10.00 a 20.00 horas de forma continuada. Os interesados en visitar o Parque poden obter máis información no enlace web http://www.paar.es/web/