Máis de 2.600 escolares coruñeses terán candanseu ordenador ultraportátil o vindeiro curso grazas á implantación do Proxecto ABALAR na cidade e comarca

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, presentou aos directores dos centros de Coruña e comarca a estratexia de implantación das TIC no sistema educativo

Ven, 14/05/2010 - 19:11
O proxecto ABALAR na comarca coruñesa
A xefa territorial de Educación na Coruña, Teresa Villaverde; o delegado territorial da Coruña, Diego Calvo; e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema

Máis de 2.630 alumnas e alumnos da Coruña e a súa comarca terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos da zona, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Así o manifestou o delegado territorial da Coruña, Diego Calvo, que presentou hoxe o Proxecto ABALAR para esta área, acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema; e a xefa territorial de Educación na Coruña, Teresa Villaverde.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mantén un forte compromiso coa comarca coruñesa, tal e como explicou o delegado territorial. Deste xeito, o vindeiro curso ABALAR chegará a 124 aulas de 47 centros educativos desta área. Así, todas as clases de 5º de Primaria e 1º de ESO –etapas nas que se empezará a aplicar o proxecto- disporán, ademais dun ordenador ultraportátil por cada escolar, dun encerado dixital e un ordenador de sobremesa para o profesor.

“Estas actuacións suporán un investimento de 2.080.000 euros en equipamento informático, infraestruturas e formación do profesorado, que contribuirán, sen dúbida algunha, a mellorar de xeito significativo a calidade do ensino nos centros seleccionados”, destacou Diego Calvo.

Aposta por un cambio do modelo educativo

“A meta final que persegue ABALAR é un cambio integral no modelo educativo”, explicou Calvo. A estratexia de implantación das TIC no sistema educativo que está a desenvolver a Consellería de Educación, a través do Proxecto ABALAR  vai supor a conversión de colexios e institutos en Centros Educativos Dixitais. Así o asegurou Diego Calvo, que fixo fincapé na oportunidade que supón o ABALAR para integrar as TIC e conseguir que sexan parte diaria da actividade en todas as aulas, aproveitando ao máximo os recursos didácticos dixitais aos que abre as portas.
 
No período 2010- 2013 está previsto que se beneficien da modernización do ensino uns 87.000 alumnos de 1.000 centros educativos de toda Galicia, ademais de 15.000 docentes, que recibirán formación específica para o uso das TIC na súa práctica diaria.

Implicación e participación

Nesta tarefa é fundamental a implicación das familias e de toda a comunidade educativa. Para favorecer esta participación, o proxecto disporá dun portal web propio, ‘espazoABALAR’, que será o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade –profesorado, alumnado, familias, ANPAS...-.

Deste xeito, as familias poderán acceder en ‘espazoABALAR’ a un procedemento de comunicación directa e multicanle cos profesores e titores, de tal forma que poidan seguir de cerca o desenvolvemento académico dos seus fillos

No tocante ao alumnado, ‘espazoABALAR’ permitirá nun futuro novos mecanismos para traballar con estudantes que requiran unha atención especial e diferenciada. Deste xeito, posibilitará a educación a distancia, facilitando o acceso ao ensino a enfermos de longa duración hospitalizados ou nas súas vivendas, persoas con mobilidade reducida, e estudantes con necesidades específicas. Ademais, permitirá un amplo seguimento académico, e a interacción co profesor ou a dirección do seu centro, o que se traduce nun claro fomento da actitude colaborativa.

Por outra banda, o espazo destinado aos docentes na plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado. Ademais, a web vai poñer ao seu dispor ferramentas como o ‘Caderno do Profesor’, ou 'Repositorio de Contidos Educativos Dixitais', unha ferramenta esta última que permitirá a xestión, difusión e emprego dos recursos educativos desenvolvidos pola comunidade educativa de Galicia para integrar as TIC.

Centros Proxecto ABALAR Coruña

 

NOME LOCALIDADE CONCELLO
CEIP de Oza dos Ríos Oza (San Pedro)                        
Oza dos Ríos
CEIP de Tarrío Culleredo (Santo Estevo) Culleredo
CEIP Gonzalo Torrente Ballester     
Sigrás (Santiago) Cambre
CEIP Labarta Pose
Baio (Santa María) Zas
CEIP Luís Seoane Serantes (San Xián) Oleiros
CEIP Portofaro O Temple (Santa María) Cambre
CEIP Sal Lence A Coruña Coruña (A)
CEIP San Marcos Abegondo (Santaia) Abegondo
  CEIP TOTAL 8
     
CPI As Revoltas Canduas (San Martiño) Cabana de Bergantiños
CPI O Cruce Cerceda (San Martiño) Cerceda
CPI Vicente Otero Valcárcel Paleo (Santo Estevo) Carral
CEIP Labarta Pose 
Baio (Santa María)
Zas
    3
     
CPR Andaina Culleredo (Santo Estevo) Culleredo
CPR Calasancias A Coruña Coruña (A)
CPR Calasanz - PP Escolapios A Coruña Coruña (A)
CPR Compañía de María A Coruña Coruña (A)
CPR Cristo Rey A Coruña Coruña (A)
CPR Hijas de Cristo Rey Oleiros (Santa María) Oleiros
CPR Hijas de Jesús A Coruña Coruña (A)
CPR Karbo A Coruña Coruña (A)
CPR La
Grande Obra de Atocha
A Coruña Coruña (A)
CPR Liceo La Paz A Coruña Coruña (A)
CPR Montespiño Rutis (Santa María) Culleredo
CPR Ntra.Sra. del Carmen Fisterra (Santa María) Fisterra
CPR Peñarredonda Elviña (San Vicenzo) Coruña (A)
CPR Rias Altas Culleredo (Santo Estevo) Culleredo
CPR Salesiano San Juan Bosco A Coruña Coruña (A)
CPR Santa María del Mar A Coruña Coruña (A)
    16
     
EFAG Fonteboa Coristanco (San Paio) Coristanco
    1
     
IES Agra de Raíces Cee (Santa María) Cee
IES As Mariñas Betanzos Betanzos
IES de Curtis Curtis (Santaia) Curtis
IES de Mosteirón Mosteirón (San Nicolao) Sada
IES de Viós Viós (San Salvador) Abegondo
IES Elviña A Coruña Coruña (A)
IES Fin do Camiño Fisterra (Santa María) Fisterra
IES Francisco Aguiar Betanzos Betanzos
IES Isaac Díaz Pardo Sada (Santa María) Sada
IES Isidro Parga Pondal Carballo (San Xoán) Carballo
IES Manuel Murguía Arteixo (Santiago) Arteixo
IES María Casares Oleiros (Santa María) Oleiros
IES Maximino Romero de Lema Baio (Santa María) Zas
IES Monte das Moas A Coruña Coruña (A)
IES Paseo das Pontes A Coruña Coruña (A)
IES Ramón Caamaño Muxía (Santa María) Muxía
IES Ramón Otero Pedrayo A Coruña Coruña (A)
IES Salvador de Madariaga A Coruña Coruña (A)
IES Urbano Lugrís Vilanova De Santiso (San Tirso) Malpica de Bergantiños
    19
     
  TOTAL CENTROS 47