Os estudantes IES Cruceiro de Baleares, en Culleredo, disporan dun novídoso simulador de navegación dotado pola Consellería de Educación
Co novo aparato, instalado na aula de Navegación, as alumnas e alumnos poderán adquirir coñecementos a través da simulación de situacións reais
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira, acudiu esta mañá unha demostración da posta en marcha do novo Simulador de Navegación dotado pola Consellería de Educación ao IES Cruceiro de Baleares, en Culleredo, A Coruña.
Durante a súa intervención, Mira dixo aos asistentes que “co Simulador de Navegación proporcionamos unha nova ferramenta para que estes estudantes sexan mellores profesionais ao rematar os estudos. Con este propósito da Consellería está a traballar para ter os mellores profesionais e instalacións a disposición dos futuros profesionais formados en Galicia, xa que a calidade no ensino e a nosa meta e niso centramos todos os nosos esforzos”.
Coa nova instalación os 88 estudantes dos ciclos superiores de Navegación e Pesca e Transportes e do ciclo medio de Pesca e Transporte poderán beneficiarse das prácticas co novo aparato, un modelo Navi- Trainer Proffesional 4000 da empresa Transas.
Situacións reais
O simulador constitúe un importante recurso multimedia educativo que facilita a adquisición de coñecemento a través da experiencia en situacións que reproducen a realidade, e procesos complexos de difícil execución nun contexto real. Deste modo, o alumnado poderá realizar as accións que realiza un barco real, tanto nas maniobras de entrada como de saída dun porto, empregando cabos e remolcadores.
A situación inclúe as funcións de goberno e propulsión manual ou automática; condicións metereolóxicas de todo tipo, desde nubes, vento, precipitacións ata estado da mar, entre outros. Ademais, o simulador dispón dun posto de instrutor, desde o que se deseñan os exercicios, e se controla a execución; unha pantalla sobre a que se proxecta o escenario correspondente ao exercicio que se esta desenvolver; unha torre de control de goberno e propulsión; radar, carta electrónica, e axudas a navegación como o GPS, Loran, Goniómetros e Ais.
Aula xeotérmica
Antes de coñecer esta nova instalación realizouse unha visita a nova Aula de Xeotermia de que dispón o IES Cruceiro de Baleares. En todo o percorrido estiveron presentes o director xeral de Educación, José Luis Mira; a directora do centro Marisol Truque; o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán; a xefa territorial de Educación da Coruña, María Teresa Fernández Villaverde; todos eles acompañados por docentes e estudantes do centro visitaron a nova Aula de Xeotermia de que dispón o IES Cruceiro de Baleares.
Este espazo, novidoso nun centro educativo, estará a disposición dos máis de oitenta alumnas e alumnos dos ciclo de Mantemento de servizos á produción e de Eficiencia Enerxética. Todos eles poderán traballar ao redor dun espazo punteiro que dispón dun novo pozo xeotérmico produtor de enerxía que será almacenada en contenedores.