Máis de 2.000 escolares santiagueses terán candanseu ordenador ultraportátil o vindeiro curso grazas á implantación do proxecto abalar na cidade e comarca
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, presentou aos directores dos centros santiagueses a estratexia de implantación das TIC no sistema educativo
Máis de 2.000 alumnas e alumnos de Santiago de Compostela e a súa comarca terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos da zona, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Así o manifestou o delegado territorial da Coruña, Diego Calvo, que presentou hoxe o Proxecto ABALAR para esta área, acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema; e o subdirector xeral de Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Carlos Vázquez Mariño.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mantén un forte compromiso coa capital de Galicia e a súa comarca, tal e como explicou o delegado territorial. Deste xeito, o vindeiro curso ABALAR chegará a 105 aulas de 42 centros educativos desta área. Deste xeito, todas as clases de 5º de Primaria e 1º de ESO –etapas nas que se empezará a aplicar o proxecto- disporán, ademais dun ordenador ultraportátil por cada escolar, dun encerado dixital e un ordenador de sobremesa profesor. Estas actuacións suporán un investimento de 1.800.000 euros en equipamento informático, infraestruturas e formación do profesorado, que contribuirán á mellora significativa da calidade do ensino nos centros seleccionados”, destacou Diego Calvo.
Cambio do modelo educativo
A estratexia de implantación das TIC no sistema educativo que está a desenvolver a Consellería de Educación, a través do Proxecto ABALAR vai supor a conversión de colexios e institutos en Centros Educativos Dixitais, o que redundará nun cambio do modelo ensino-aprendizaxe. Así o explicou Diego Calvo, que fixo fincapé na oportunidade que supón o ABALAR para integrar as TIC e conseguir que sexan parte diaria da actividade en todas as aulas, aproveitando ao máximo os recursos didácticos dixitais aos que abre as portas.
Para cumprir con este obxectivo, o Proxecto ABALAR está baseado sobre accións planificadas no ámbito da tecnoloxía, da metodoloxía educativa, e da capacitación dos docentes, xa que a meta final que persegue ABALAR é un cambio integral no modelo educativo.
Implicación e participación
Nesta tarefa é fundamental a implicación das familias e de toda a comunidade educativa. Para favorecer esta participación, o proxecto disporá dun portal web propio, ‘espazoABALAR’, que será o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade –profesorado, alumnado, familias, ANPAS...-.
Deste xeito, as familias poderán acceder en ‘espazoABALAR’ a un procedemento de comunicación directa e multicanle cos profesores e titores, de tal forma que poidan seguir de cerca o desenvolvemento académico dos seus fillos
Por outra banda, o espazo destinado aos docentes na plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado. Ademais, a web vai poñer ao seu dispor ferramentas como o ‘Caderno do Profesor’, ou 'Repositorio de Contidos Educativos Dixitais', unha ferramenta esta última que permitirá a xestión, difusión e emprego dos recursos educativos desenvolvidos pola comunidade educativa de Galicia para integrar as TIC.
No tocante ao alumnado, ‘espazoABALAR’ permitirá nun futuro novos mecanismos para traballar con estudantes que requiran unha atención especial e diferenciada. Deste xeito, posibilitará a educación a distancia, facilitando o acceso ao ensino a enfermos de longa duración hospitalizados ou nas súas vivendas, persoas con mobilidade reducida, e estudantes con necesidades específicas. Ademais, permitirá un amplo seguimento académico, e a interacción co profesor ou a dirección do seu centro, o que se traduce nun claro fomento da actitude colaborativa.
Centros Proxecto ABALAR en Santiago e comarca
NOME | LOCALIDADE | CONCELLO |
CEIP Agro do Muíño | Ortoño (San Xoán) | Ames |
CEIP de Arzúa | Santa María De Arzúa (Santa María) | Arzúa |
CEIP de Palmeira | Palmeira (San Pedro) | Ribeira |
CEIP de Pedrouzos | Brión (San Fins) | Brión |
CEIP de Prácticas López Ferreiro |
Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
CEIP de Vite I | Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
CEIP Raíña Fabiola | Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
CEIP TOTAL | 7 | |
CPI Antonio Orza Couto | Boqueixón | Boqueixón (San Vicente) |
CPI Armando Cotarelo Valledor | Boimorto | Boimorto (Santiago) |
CPI Camiño de Santiago | Arca (Santaia) | Pino (O) |
CPI da Picota | Mazaricos (San Xoán) | Mazaricos |
CPI de Fonte-Díaz | Touro (San Xoán) | Touro |
CPI de Vedra | Vedra (Santa Eulalia) | Vedra |
CPI dos Dices | Rois (San Mamede) | Rois |
CPI Eusebio Lorenzo Baleirón | San Xoán De Laíño (San Xoán) | Dodro |
CPI Pecalama | Cabaleiros (San Xián) | Tordoia |
CPI TOTAL | 9 | |
CPR Compañía de María | Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
CPR Jaime Balmes | Noia | Noia |
CPR La Salle | Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
CPR Ntra. Sra. Inmaculada | Santa Comba (San Pedro) | Santa Comba |
CPR Ntra.Sra. de los Remedios | Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
CPR Sagrado Corazón de Jesús |
Castiñeiras (o bo pastor) | Ribeira |
CPR San Jorge | Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
CPR TOTAL | 7 | |
IES A Pontepedriña | Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
IES Antonio Fraguas Fraguas | Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
IES As Insuas | Serres (San Xoán) | Muros |
IES Brión | Brión (San Fins) | Brión |
IES Campo de San Alberto | Noia | Noia |
IES da Pobra do Caramiñal | Pobra do Caramiñal | Pobra do Caramiñal (A) |
IES de Arzúa | Santa María De Arzúa (Santa María) | Arzúa |
IES de Melide | Melide (San Pedro) | Melide |
IES de Oroso | Oroso (San Martiño) | Oroso |
IES de Porto do Son | Noal (San Vicente) | Porto do Son |
IES Félix Muriel | Rianxo (Santa Comba) | Rianxo |
IES Lamas de Abade | Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
IES Lamas de Castelo |
San Mamede De Carnota (San Mamede) |
Carnota |
IES Macías o Namorado | Padrón (Santiago) | Padrón |
IES Maruxa Mallo | Ordes (Santa María) | Ordes |
IES Nº 1 | Ribeira (Santa Uxía) | Ribeira |
IES Poeta Añón | Outes (San Pedro) | Outes |
IES Terra de Xallas | Santa Comba (San Pedro) | Santa Comba |
IES Virxe do Mar | Noia | Noia |
IES TOTAL | 19 | |
TOTAL CENTROS | 42 |