Un total de 15 estudantes da FP galega ven recoñecida a súa valía nas olimpíadas Spainskills 2013

Dez deles obtiveron medalla e outros 5 mención de excelencia

Lun, 18/02/2013 - 13:50
Un total de 15 estudantes da FP galega ven recoñecida a súa valía nas olimpíadas
Un total de 15 estudantes da FP galega ven recoñecida a súa valía nas olimpíadas Spainskills 2013

Un total de 15 alumnas e alumnos da Formación Profesional galega viron esta fin de semana recoñecida a súa valía nas olimpíadas nacionais da FP, SpainSkills 2013, que se celebraron no IFEMA de Madrid. Ao longo dos 4 días de competición o alumnado galego de FP destacou, acadando 10 medallas, 3 delas de ouro, 4 de prata e 3 de bronce, ademais de 5 mencións de excelencia. Desta forma Galicia foi a quinta comunidade autónoma máis galardoada.

A delegación galega desta competición estivo composte por un total de 23 estudantes galegos que obtiveran medalla de ouro na segunda edición das GaliciaSkills, celebradas o pasado outubro., acompañados polos seus profesores titores e por un experto por cada skill. Galicia estivo representada neste certame en 21 das 33 disciplinas en competición.

 

A relación de galardoados é a seguinte:

 

Skill

Premio

Participante

Centro Educativo

Titor/a

Fresaxe

Medalla Ouro

Alexandre Fondevila Rodríguez

IES Politécnico (Vigo)

David Queimaño

Electrónica

Medalla Ouro

Ismael Rosende Rey

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago De Compostela)

Ramón Mato

Pastelaría

Medalla Ouro

Rosalía Alonso Figueroa

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

María Teresa Lozano

Sollado e azulexado

Medalla Prata

Daniel Nogueira Méndez

CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

José Fernando Méndez de Andés

Reparación de carrozarías de vehículos

Medalla Prata

Miguel Pérez Purriños

IES As Mariñas (Betanzos)

Francisco Cal

Tecnoloxía do automóbil

Medalla Prata

Antonio López Lence

IES As Mariñas (Betanzos)

Manuel Fuentes

Xardinaría paisaxística

Medalla Prata

Jorge Magariños Alende

Sergio Lizarza Moreno

CIFP A Granxa (Ponteareas)

Eliseo Castro

Coidados de beleza

Medalla Bronce

Jesica Martinez Amoedo

IES de Teis (Vigo)

Isolina Ferreira

Tecnoloxía da moda

Medalla Bronce

Rocío Fernández Pérez

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Consuelo Carneiro

Deseño gráfico

Medalla Bronce

Iván García Vázquez

IES Leixa (Ferrol)

José Antonio López

Carpintaría

Mención de excelencia

Ramón Fraguas Iglesias

CIFP A Xunqueira (Pontevedra)

José Cortizo

Peiteado

Mención de excelencia

Lucía Domínguez Alonso

IES de Teis (Vigo)

Mercedes Pose

Cociña

Mención de excelencia

Adrián Amoedo Martínez

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Jesús Ramos Barcia

Servizo de restaurante e bar

Mención de excelencia

Sainza Vázquez da Silva

CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

María Rey Fernández

Soporte de rede

Mención de excelencia

Alejandro Romero Rivera

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol)

Victor Manuel Martínez

A participación galega nesta olimpíada implica un forte compromiso por parte do profesorado, por unha banda na preparación dos competidores, tarefa do profesorado titor de cada competidor, e, pola outra, na participación na elaboración das probas así como nos distintos xurados que puntúan aos competidores, profesorado experto, un por cada skill. A Consellería celebra o éxito da delegación galega, que dá conta da calidade das ensinanzas de FP que se están a impartir nos centros educativos da comunidade.