O repositorio do espazoAbalar incrementouse en 31 novos contidos educativos

Mar, 22/01/2013 - 22:55

O repositorio do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de 31 novos contidos educativos en formato dixital baseados en distintas tecnoloxías. 

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.195 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.
 
Nesta ocasión os traballos proceden fundamentalmente: 
  • Da licenza de formación de José Manuel Blanco Guimarey cunha completa unidade didáctica en galego e castelán con 64 actividades guiadas para coñecer o programa de edición de imaxes GIMP.
  • Da licenza de Manuel Luis Blanco Pinedo con dúas secuencia didáctica feitas co Constructor formada por 9 Obxectos Dixitais Educativos (ODEs) nos que aprenderán a falar en inglés cos compañeiros e co docente e sobre os sons da lingua inglesa.
  • Da licenza de José Antonio Cartelle Cudilleiro con unidades didácticas den inglés sobre cuestións culturais de EEUU e Reino Unido.
  • Dunha Unidade didáctica dentro do proxecto "Contamos co deporte" da licenza de Xoán Trigo e Elia Villamarín.
  • De ODEs en flash feitos pola docente Nani Lima para traballar cuestións de música e educación infantil utilizando o protocolo de cesión de dereitos.
  • Das Unidades didácticas en inglés sobre Grecia e Roma feitas co exeLearning por Fernando Domènech Rey durante o período de licenza de formación.
  • Das coleccións didácticas de peixes, moluscos e crustáceos de Galicia cedidas polo docente César J. Pais Balsalobre do IES Chan do Monte de Marín.
  • Dunha secuencia didáctica sobre a luz e o son feita con Cuadernia durante a licenza de formación de Iria García de la Fuente.
  • De tres xogos de preguntas-resposta feitos coa aplicación de Fran Macías BrincaLetras, un deles axeitado para traballar o Día da Paz.

       Acceder a estes recursos no espazoAbalar