O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2013/2014

Xov, 27/12/2012 - 14:03

Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana e portuguesa.para o curso escolar 2013/2014.

Dirixidas a licenciados/as e estudantes universitarios/as no seu último ano académico dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica (francés ou inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Estados Unidos, Finlandia (inglés), Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo (inglés), Malta (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Portugal e Reino Unido.

Os/as candidatos/as de Alemania, Austria, Bélxica (francés), Francia, Irlanda, Italia, Malta e Reino Unido deberán consultar o prazo de presentación de solicitudes a través do Ministerio de Educación u organismo internacional encargado no seu país.

Os/as candidatos/as de Australia, Bélxica (inglés), Canadá, China, Estados Unidos, Finlandia, Luxemburgo, Nova Zelandia, Países Baixos e Portugal deberán solicitar a súa participación a través da aplicación “Profex. do 10 de xaneiro ao 2 de abril de 2013.

Menú Advertisement

Lingua estranxeira

Sen términos