Título node Learning object

Contratos-Programa
Xov, 10/01/2013 - 14:36
contratos-programa

Os centros educativos, para lograr a equidade e a excelencia na educación, deben desenvolver as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias e, para iso, teñen que organizarse de xeito diferenciado, planificando os seus recursos e desenvolvendo as actuacións necesarias para o logro duns obxectivos concretos nun período de tempo determinado.

Baixo un marco único, denominado “Contratos-Programa”, preténdese dar cabida a todos aqueles programas que se están a desenvolver nos centros educativos -PROA, Éxito escolar, entre outros- co obxectivo de lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver ao máximo posible as súas capacidades, buscar a excelencia e, en definitiva, dar respostas á diversidade da poboación escolar e contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

Xa que logo, preténdese que os centros educativos analicen as súas fortalezas e debilidades e propoñan medidas específicas de actuación e, por outra banda, que a Administración educativa proporcione os recursos necesarios para o desenvolvemento de proxectos realistas en que participe a comunidade educativa e as institucións do contorno.

Os contratos-programa, polo tanto, son unha iniciativa de innovación educativa desenvolvida desde a Consellería para proporcionarlles aos centros de ensino públicos estratexias de mellora da calidade do ensino.Os destinatarios son CEIP, CEP, CPI e IES.

Cada centro pode contribuír á mellora da calidade do ensino a través da solicitude dalgunha das 5 actuacións de que consta o contrato-programa:

  1. Reforzo, orientación e apoio:
    • Modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.
    • Modalidade de apoio en horario lectivo.
  2. Mellora da lectura, da escritura e do cálculo.
  3. Mellora da convivencia.
  4. Redución do abandono escolar.
  5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.