A Consellería de Cultura e Educación concede preto de 200 axudas para os estudantes de grao no curso 2012-2013

A convocatoria, realizada a través da Secretaria Xeral de Universidades, ía destinada ao alumnado afectado polos cambios nos requisitos por parte do Ministerio de Educación

Mar, 01/01/2013 - 10:01

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Universidades, ven de resolver a convocatoria de axudas para a realización de estudos universitarios de grao no curso 2012-2013 que fora publicada no DOG o pasado 28 de setembro.

Os beneficiarios

Neste curso 191 estudantes recibiran as axudas correspondentes ao cumprir cos requisitos académicos e de carácter económico que indicados na convocatoria destas bolsas que foron solicitadas por 443 alumnas e alumnos.

Das 191 axudas concedidas, 59 adxudicáronse a alumnos/as de novo ingreso mentres un total de 132 cubrirán os custes de matrícula de alumnado universitario de grao de cursos anteriores. A información relativa a esta acción pódese consultar no Portal Educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.es).

Apoio aos estudantes

A través desta iniciativa a Consellería de Cultura e Educación trata de paliar os efectos do cambio de requisitos esixidos para acceder a este tipo de axudas a nivel estatal para este curso académico. Deste xeito estas bolsas ían destinadas a aqueles estudantes que accedían á universidadecunha cualificación superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos nas probas de acceso (PAU), puntuación con exclusión da fase específica. A mesma puntuación esixiuse a quen accedeu a través dun título de técnico superior de FP, ou equivalentes. En canto aos alumnos de segundo e posteriores cursos, debían ter sido bolseiros do MECD no curso anterior e ter superado un mínimo do 60% ou do 80% dos créditos matriculados no curso anterior, segundo a rama de coñecemento á que pertenceran as ensinanzas.

Cómpre recordar que con estar convocatoria unida á conxelación dos prezos de matrícula na primeira convocatoria para o presente curso académico a Consellería volve a demostrar, unha vez máis, a súa aposta decidida pola igualdade de oportunidades.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza