Cultura e Educación retransmite para todos os docentes, e a través do Portal educativo, as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

O encontro poderá seguirse na web do CAFI e na de Bibliotecas Escolares

As xornadas serán inauguradas mañá polo conselleiro, Xesús Vázquez Abad

Xov, 08/11/2012 - 19:00
 Cultura e Educación retransmite para todos os docentes, e a través do Portal ed
Cultura e Educación retransmite para todos os docentes, e a través do Portal educativo, as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria facilitará o seguimento das IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia a todos os interesados, a través da retransmisión en streaming das sesións, que comezan mañá no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela e rematan o sábado. O encontro será inaugurado polo conselleiro en funcións, Xesús Vázquez Abad.

Desta forma, as sesións poderán seguirse desde o Portal educativo da Consellería, nas páxinas web do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) www.edu.xunta.gal/centros/cafi  e na de Bibliotecas Escolares http://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/

O encontro, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos, reunirá a máis de 1.100 docentes. As sesións poderán seguirse o venres de 17:00 a 20:00 horas e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.