O incremento do 38,8% da matriculación nas Escolas Oficiais de Idiomas nos últimos catro cursos ratifica a aposta de Cultura e Educación polo plan de potenciación das linguas estranxeiras
No curso 2012/2013 hai 9.025 matriculados máis en ensinanzas regradas que no 2008/2009
Os idiomas que máis incrementaron porcentualmente en número de estudantes foron o alemán, o portugués, o chinés, o xaponés e o inglés
O incremento durante os últimos catro cursos da matriculación das Escolas Oficiais de Idiomas nun 38,8% en ensinanzas regradas vén a confirmar o axeitado da aposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria polo impulso das ensinanzas de idiomas, a través do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. Contabilizados os datos ao peche do período de matriculación, as EEOOII galegas e as súas seccións contarán este curso 2012/2013 con 32.256 alumnas e alumnos en ensinanzas regradas, 9.025 máis que no ano académico 2008/2009.
Respecto do curso anterior, o incremento é do 10,7%, con 3.120 estudantes máis, o que foi posible grazas ao incremento de oferta, sobre todo no que atinxe á creación de 7 novas seccións das Escolas Oficiais de Idiomas en vilas das catro provincias galegas, en concreto nas Pontes (A Coruña), Burela e Sarria (Lugo), Ribadavia, Celanova e na propia cidade de Ourense, e en Redondela (Pontevedra). A creación destas seccións supuxo por a disposición da cidadanía 990 prazas para a mellora das súas competencias lingüísticas en lingua inglesa. Trátase, ademais dunha nova mostra do compromiso da Consellería co rural, achegando ás galegas e galegos que non viven nas cidades as ensinanzas de linguas estranxeiras que se ofertan nas EEOOII; unha aposta pola igualdade de oportunidades no acceso ao plurilingüismo.
Cómpre sinalar, ademais, que nas vindeiras semanas se coñecerán os datos de matriculación dos cursos específicos ofertados por cada unha das Escolas Oficiais de Idiomas, polo que o número de galegas e galegos que están a mellorar as súas competencias en linguas nestes centros aínda se verá incrementado.
Idiomas que espertan máis interese
Segundo os datos recompilados, os idiomas que máis incrementaron a porcentaxe de alumnos matriculados foron o alemán (96,25%), o portugués (71,1%), o chinés (70,7%), o xaponés (62,4%) e o inglés (40,6%). Atendendo ao número de alumnos matriculados, o inglés é a lingua que representa un maior incremento, con 6.026 estudantes máis nos últimos 4 cursos.
Os datos por idiomas, respecto do curso 2008/2009 e do pasado quedan reflectidas na seguinte táboa:
Idioma |
Matriculados 2008/2009 |
Matriculados 2011/2012 |
Matriculados 2012/201 |
Incremento 08/09-12/13 |
Inglés |
14.845 |
19.033 |
20.871 |
6.026 40,6% |
Francés |
3.243 |
3.613 |
4.026 |
783 24,14% |
Alemán |
1.470 |
2.361 |
2.885 |
1.415 96,25% |
Italiano |
1.419 |
1.553 |
1.679 |
260 18,30% |
Español para estranxeiros |
268 |
257 |
197 |
-71 -26,50% |
Galego |
626 |
428 |
387 |
-239 -38,20% |
Portugués |
692 |
999 |
1.184 |
492 71,10% |
Árabe |
123 |
138 |
135 |
12 9,70% |
Chinés |
270 |
342 |
461 |
191 70,7 % |
Ruso |
57 |
64 |
77 |
20 35,10% |
Xaponés |
218 |
348 |
354 |
136 62,4 % |
Total |
23.231 |
29.136 |
32 .256 |
9.025 38,84% |
Datos por EOI
Por EOI, os datos de matriculación son os reflectidos nesta táboa:
Idioma |
Matriculados 2008/2009 |
Matriculados 2011/2012 |
Matriculados 2012/2013 |
Incremento 08/09-12/13 |
A Coruña |
4.548 |
5.548 |
6.221 |
1.673 36,8 % |
Ferrol |
1.150 |
2.123 |
2.475 |
1.325 115,2 % |
Santiago |
3.412 |
3.617 |
3.885 |
473 13,9 % |
Lugo |
1.545 |
2.126 |
2.072 |
527 34,1 % |
Monforte |
343 |
406 |
463 |
120 34,9 % |
Ribadeo |
297 |
234 |
466 |
169 56,9 % |
Viveiro |
378 |
410 |
547 |
169 44,7 % |
Ourense |
2.392 |
2.726 |
3.281 |
889 37,2 % |
Pontevedra |
2.190 |
3.016 |
3.289 |
1.099 50,2 % |
Vigo |
5.709 |
7.900 |
8.337 |
2.628 46% |
Vilagarcía |
867 |
1.030 |
1.220 |
353 40,7 % |
Total |
23.231 |
29.136 |
32.256 |
9.025 38,84% |