Orde do 22 de abril de 2010, pola que se aproban as bases para a concesión de bolsas para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración, desenvolvidas fóra da comunidade autónoma, para alumnos universitarios
Orde do 22 de abril de 2010, pola que se aproban as bases para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración, desenvolvidas fóra da comunidade autónoma, destinadas a grupos de alumnos universitarios que cursen os seus estudos oficiais nas universidades do SUG.
Requisitos:
1. Estar matriculados no derradeiro curso dos seus estudos universitarios de carácter oficial conducentes a un título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, mestre ou diplomado nalgunha das universidades do SUG.
2. Participar na realización dunha actividade formativa como compoñente dun grupo de 10 alumnos como mínimo e de 15 como máximo, cunha duración máxima da estadía de 7 días, incluídos os días da viaxe. No caso de que a duración total sexa superior só se concederá axuda polo período máximo de duración establecido nesta orde.
3.- Cursar a mesma titulación todos os alumnos membros dese grupo e estar matriculados neste curso académico, polo menos, nunha materia do departamento coa que se relacione a actividade formativa proposta.
4.- Elixir entre todos os membros do grupo a un representante ou apoderado único da agrupación, que será un alumno do grupo, que actuará como coordinador do mesmo, sendo o responsable do obxecto da axuda ante a Secretaría Xeral de Universidades.
Período da actividade
As actividades formativas de curta duración, máximo sete días, que se subvencionan nesta convocatoria serán realizadas no periodo comprendido entre o 1 de maio e o 31 de setembro de 2010.
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Enténdese por último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes do vencemento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.