Educación asinará convenios coa Deputación Provincial da Coruña para o funcionamento de centros educativos
Os centros beneficiados son o Calvo Sotelo, que imparte formación profesional, e o IES Rafael Puga Ramón
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial da Coruña asinarán dous convenios, un para o funcionamento do centro de formación profesional Calvo Sotelo e outro para o funcionamento do Instituto de Educación Secundaria Puga Ramón.
En total serán algo máis de 433.000 euros destinados ao funcionamento de ambos os dous centros, durante o curso escolar 2010/2011, no caso do centro de formación profesional Calvo Sotelo; e do período xaneiro-agosto de 2010 no IES Rafael Puga Ramón.
Con esta iniciativa, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dá continuidade ao seu compromiso de manter o servizo público educativo de todos os alumnos e alumnas que están escolarizados nestes centros, tal e como vén facendo desde hai anos.