A Consellería de Cultura e Educación realiza un informe técnico para comprobar o estado dunha cuberta que se derrubou no mosteiro de Lourenzá

Técnicos da Xunta de Galicia desprazáronse esta mesma tarde ata Lourenzá para avaliar o estado da ala norte do mosteiro, unha zona que estaba en desuso

Nos vindeiros días realizaranse máis estudos para ditaminar o alcance dos danos e tomar as medidas necesarias

Lun, 08/10/2012 - 19:46

Técnicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desprazáronse esta tarde ata o mosteiro beneditino de San Salvador de Lourenzá para comprobar o estado deste ben histórico despois de que se derrubara parte da cuberta da ala norte. O punto onde se produciu o derrubamento é unha zona do mosteiro que estaba pechada e que carecía de mantemento.

Os técnicos da Xunta de Galicia estiveron avaliando o estado deste ben histórico e o alcance do danos. Tras a primeira visita, os técnicos abriron un informe coas primeiras conclusións e decidiron que é preciso realizar máis estudos e recopiar máis datos para ditaminar que medidas hai que levar a cabo neste Ben de Interese Cultural.