Apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións nas especialidades de análise e química industrial, laboratorio, servizos á comunidade, soldadura, contrabaixo, gaita galega, viola e materiais e tecnoloxía: deseño
Xúntase o Auncio do 2 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de análise e química industrial (590102); profesores técnicos de formación profesional, especialidades de laboratorio (591208), servizos á comunidade (591225) e soldadura (591228); profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de contrabaixo (594406), gaita galega (594413) e viola (594431), e profesores de artes plásticas e deseño, especialidade de materiais e tecnoloxía: deseño (595520).
- O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Anuncio do 2 de outubro de 2012: Apertura dun prazo para solicitar interinidades e substitucións nas especialidades (DOG) Anexo I: Baremo que se aplica Anexo II: Instancia de solicitude Anexo III: Folla de alegación de méritos e autobaremación Criterios xerais para a avaliación dos méritos Puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais (contrabaixo, gaita galega, viola, materiais e tecnoloxía: deseño) Puntuacións definitivas e relación de excluídos definitivos (contrabaixo,gaita galega,viola,materiais e tecnoloxía: deseño)(DOG) Puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais (análise e química industrial, laboratorio e soldadura) (DOG) Puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais da especialidade de servizos á comunidade (DOG) Puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos (análise e química industrial, laboratorio,..) (DOG)