O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria inaugura a Semana pola educación organizada por FETE-UGT, en Pontevedra

O encontro celébrase no pazo da Cultura ata o venres, e reúne a máis de trinta expertos de toda España

Lun, 19/04/2010 - 19:22

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe a ‘Semana pola educación’. Un encontro, organizado por FETE-UGT, se celebrará a ata o venres no Pazo da Cultura de Pontevedra e que reunirá a máis de trinta profesionais da docencia.

Durante a súa intervención, o conselleiro destacou que “a mellora da educación e tarefa de toda a sociedade, das familias, dos profesores, e dos sindicatos, e por iso non podemos permitir un país con diferentes velocidades educativas, senón que todos deben ter as mesmas oportunidades, baseadas nos seus méritos e capacidades”.

Vázquez Abad recordou que a súa tarefa é “mellorar a calidade do sistema educativo, centrándome non rendementos escolares en todas as etapas, coa finalidade de que dito sistema estea en condición de proporcionar unha bagaxe de coñecementos á a altura dos tempos que nos toca vivir, así como unha capacitación profesional que facilite a inserción no mundo laboral. O que debería comezar pola escola pública á que poder acceder todos os cidadáns”.

Principais obxectivos

Nestas xornadas, organizadas pola FETE- UGT, Escola Viva e a publicación Escuela, reúnense máis de trinta expertos en Educación de toda España, encabezados polo ex director xeral da Unesco, Federico Mayor Zaragoza. O encontro ten como obxectivos pór a educación na axenda dos intereses dos cidadáns, propoñer a educación como unha tarefa na que toda a sociedade ten unha responsabilidade social, implicar aos titores nos proxectos educativos dos nenos e nenas, colaborando co profesorado nos centros educativos e por último dar a coñecer á sociedade a importancia da formación para superar as crises e acadar unha mellor calidade de vida.

Todos estes temas serán expostos a través de conferencias, relatorios e mesas redondas, onde se presentaran os actuais problemas educativos e as posibles solucións. Entre todo destaca o que os docentes poden aprender dos docentes, os cambios lexislativos en materia educativa, o papel que desenvolven os centros, a formación profesional, o acoso escolar, e sobre todo o intento de obter un pacto social e político pola educación.

En todas estas actividades participarán profesores de centros de infantil, primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial; orientadores e profesionais deste equipos, axentes sociais, empresarios, sindicatos, alumnos das facultades de Educación, asociacións de pais e alumnos e todos os profesionais relacionados coa docencia.