Xesús Vázquez Abad agradece aos docentes o seu apoio e motivación ao alumnado, na entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato e Formación Profesional

O conselleiro salientou ademais o papel fundamental das familias na transmisión dos valores e principios necesarios para completar a formación do alumnado

Este recoñecemento á excelencia de 42 alumnos de bacharelato e FP pon en evidencia o alto nivel que está a acadar o sistema educativo galego

Os gañadores reciben un diploma acreditativo e unha gratificación económica ao seu traballo. Ademais, a distinción figurará no seu expediente académico

Ven, 28/09/2012 - 13:26
Vázquez Abad, na entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato
Vázquez Abad, na entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2011/2012 e dos premios extraordinarios de Formación Profesional específica de grao superior correspondentes ao curso 2010/2011.

No acto, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, tamén estiveron presentes o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e a subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, María Carmen Cimadevila.

Vázquez Abad, dedicou unhas verbas aos 42 alumnos premiados coas que quixo recoñecer “a dedicación, o esforzo e a constancia” destes rapaces que acadaron excelentes cualificacións nos niveis de bacharelato e FP. Ademais do mérito dos premiados, o titular de Cultura e Educación destacou no seu discurso “a axuda e o apoio dos que contribuíron a facelo posible”, un recoñecemento ao traballo dosdocentes que, “moi por riba das súas obrigas laborais, apoian, reforzan e motivan ao seu alumnado, conscientes do alcance da súa labor no futuro do noso país”, así como ao das familias de todos e cada dos premiados.

Os premios extraordinarios de bacharelato e os de formación profesional específica de grao superior son unha achega da consellería de Cultura e Educación a prol da excelencia educativa que pon en evidencia o alto nivel que está a acadar o sistema educativo galego. Trátase dun recoñecemento que, segundo o conselleiro, “pretende demostrar que o traballo duro ten o seu premio, produce resultados”.

Premios de Bacharelato

Os 20 estudantes galardoados cos premios extraordinarios de Bacharelato, reciben un diploma acreditativo e unha gratificación económica ao seu traballo. Esta distinción figurará ademais no seu expediente académico.

Entre os premiados hai 8 estudantes da provincia da Coruña, 2 de Lugo, 6 de Ourense e 4 de Pontevedra. Na provincia da Coruña resultaron galardoados Andrea Mosquera Alonso, do IES Sofía Casanova (Ferrol); María Luisa Iglesias Taboada, do Colexio Santa María del Mar (A Coruña); Berta Fernández Rosón, do Colexio Plurilingüe La Salle (Santiago de Compostela); Eduardo Iraola de Acevedo, do Colexio Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco (A Coruña); Emma Fernández Galego, do Colexio Plurilingüe Hijas de Cristo Rey (Oleiros); Manuel Antonio Paradela Maceiras, do IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela); e Miguel Rodríguez Raposo e Miguel Jerónimo Múgica de Rivera, ambos os dous alumnos do Colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela). Da provincia de Lugo foron premiados Beatriz Sanjurjo Lamela, do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo); e Aida Albertos Goyos, do IES Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo).

Dos alumnos presentados pola provincia de Pontevedra acadaron o premio Alberto Escobar Rivas, do IES Sánchez Cantón (Pontevedra); Inés María Rodríguez Naz, do IES Alexandre Bóveda (Vigo); Adrián Vieitez Torrado, do IES Santa Irene (Vigo); e Ramón Garrido González, do Colexio Sek-Atlántico (Poio). Pola provincia de Ourense foron galardoados Óscar Rivero Salgado, do IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia); Nieves Bayón Fernández, do IES As Lagoas (Ourense); e os alumnos Jorge Boán Pérez, Alejandro Dopereiro Domínguez e Emma Pereira Ariasdo IES Eduardo Blanco Amor (Ourense).

Premios de FP

Doutra banda, foron 22 os estudantes recoñecidos cos premios extraordinarios de Formación Profesional, 15 deles da provincia da Coruña, 3 da de Lugo, 1 da de Ourense e 3 da de Pontevedra. Todos eles recibiron un diploma acreditativo e unha gratificación económica ao seu traballo. Esta distinción figurará ademais no seu expediente académico.

Pola provincia da Coruña resultaron premiados Antonio Martínez Pernas, do IES de Arzúa; Sonia Fraga Puente, do IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña); Pablo Mígueles Gómez e Raquel Paz Naya, os dous do CIFP Someso (A Coruña); Tamara Suárez Vázquez, do IES Universidade Laboral (Culleredo); Laura Fernández Otero, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela); Carlos Serafín Álvarez Quirós, do IES Imaxe e Son (A Coruña); Daniel Temprano López e María Esther Mosquera Regueiro, ambos os dous do CIFP Paseo das Pontes (A Coruña); Modesto Bernardo Bello González, do IES San Clemente (Santiago de Compostela); Manuel Pregue López, do CIFP Santiago; e Jesús Blanco Abad, Luís Fernando Cao García, Antonio Taboada Quintela e Sandra Castromán Dios, todos eles do CIFP Politécnico de Santiago.

Na provincia de Lugo resultaron premiados Lorena Paula Iñiguez Ubiaga, do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes; Juan Jesús Cabanas López, do IES Muralla Romana; e José Manuel Leonor Álvarez, do IES As Mercedes, todos da cidade de Lugo; mentres que en Ourense foi galardoada Vanesa Pérez González, do IES A Carballeira.

Os alumnos de FP premiados da provincia de Pontevedra foron Lorena Almeda Cochón, do IES Montecelo (Pontevedra); Iria Fernández Yánez, do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Illa de Arousa); e Rosalía Domínguez Serantes, do IES de Chapela (Redondela)