Vázquez Abad móstralle a Cidade da Cultura ao embaixador de Rusia en España
Lun, 24/09/2012 - 19:32
O conselleiro de CUltura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, mostrou hoxe ao embaixador de Rusia en España, Yuri P. Korchagin a Cidade da Cultura.
Acompañados pola directora- xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, percorreron os distintos espazos e visitaron a mostra Galaecia Petrea. Tamén estivo a directora artística do Festival Internacional Peregrinos Musicais, Ilona Timchenko, que hoxe se celebra en Santiago no que colabora a Consellería de Cultura e Educación, e que ten como obxectivo dar a coñecer futuras promesas musicais procedentes de Rusia e Galicia