Convocatoria de auxiliares de CONVERSA 2010/2011
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fai pública a convocatoria de selección de centros públicos de ensinanza primaria e secundaria para a dotación de AUXILIARES DE CONVERSA. O obxectivo deste programa é a mellora da calidade da aprendizaxe das linguas estranxeiras.
Os centros solicitantes deben estar a participar en programas de fomento da aprendizaxe das linguas estranxeiras (plan de seccións bilingües e programa CUALE) ou poden ser centros que teñan intención de solicitar a súa participación nos devanditos programas para o vindeiro curso 2010/2011.
Os centros interesados en participar nesta convocatoria deberán cubrir en rede a solicitude que poden atopar no servizo relacionado máis abaixo
O prazo de solicitude remata o 26 de abril de 2010.