Título node Learning object
Folleto informativo, dirixido ao alumnado, sobre "Orientación educativa"
Ven, 21/09/2012 - 10:42
Trátase dunha publicación, en forma de folleto descargable, na que se trata de orientar ao alumnado das saídas que lle ofrece o actual sistema educativo.
Entre as súas finalidades ten a de axudar ao alumnado a coñecer os diferentes instrumentos e servizos cos que conta no seu centro para:
- Mellorar o seu autocoñecemento que lle axude a acadar o máximo desenvolvemento.
- Recibir un bo asesoramento na orientación educativa que facilite a elección entre as diferentes opcións académicas para continuar estudos.
- Recibir un bo asesoramento na orientación profesional que favoreza a toma de decisións ante diferentes alternativas profesionais.