Publicada a Orde pola que establecen as bases para a concesión, en réximen de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes á prórroga do programa I. Parga Pondal (2009)
Xov, 20/09/2012 - 09:50
Xúntase a Orde do 12 de setembro de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes á prórroga do programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación do ano 2009) no marco das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2012, e se procede á súa convocatoria.
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.