A Consellería de Cultura e Educación pon a disposición da comunidade educativa do CEIP de Vilariño de Conso un profesor máis a tempo completo para dar resposta á matrícula no centro
Deste xeito o colexio contaría con 4 profesores 4 días á semana para atender aos 30 estudantes do centro
O centro está, ademais, dotado cun docentes especialista en Audición e Linguaxe e cun profesor para a materia de Relixión
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de por a disposición do CEIP de Vilariño de Conso (Ourense) un profesor máis a tempo completo para dar cobertura ao incremento de matrícula deste centro, no que, a día de hoxe, estudan 30 alumnas e alumnos.
Deste xeito, o CEIP contaría con 3 profesores a tempo completo, 1 especialista en Audición e Linguaxe e 1 mestre de Relixión, de tal forma que catro días á semana o centro estaría atendido por 4 docentes. Neste sentido cómpre lembrar que a Consellería vén de dotar ao centro dunha unidade máis, para dar cobertura ás necesidades dos 5 escolares de infantil e os 25 de primaria que nel estudan.
Desta forma queda de manifesto o a responsabilidade e o compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia coa cobertura das necesidades dos centros de ensino galegos. Neste sentido, ademais, queda demostrado que as acusacións e manifestacións realizadas por determinadas organizacións sindicais e políticas antes de que dera comezo o curso, acusando á Consellería de ter recortado o número de docentes, non son máis que un intento de confundir á comunidade educativa e ao conxunto da sociedade galega.
Con esta iniciativa da Consellería de dotar ao CEIP de Vilariño de Conso dun docente máis, queda demostrado que o departamento educativo da Xunta analiza as necesidades de cada centro, e axusta a eles o número de docentes, porque somos os primeiros interesados en que o rural dispoña de todos os servizos e de que se atendan as necesidades do alumnado.