Máis de 145.500 alumnos e alumnas comezan este luns o curso de educación secundaria, bacharelato e outras ensinanzas

Con case 700 matriculados menos a ESO e o Bacharelato rexistran, respectivamente, unha diminución do 0,5% e o 0,8%

Dom, 16/09/2012 - 12:36

O vindeiro luns 17 un total de 145.544 estudantes darán comezo as clases en educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial nos centros educativos galegos. O curso 2012/2013 arrincará, segundo os datos provisionais de matriculación, con 86.676 alumnas e alumnos na ESO e 31.194 en bacharelato. En disciplinas artísticas 10.068 estudantes comezan as clases do novo curso, 402 nas deportivas, e 17.204 nas ensinanzas para adultos.

Ademais este luns dan comezo as clases nos ciclos formativos de Formación Profesional e nos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que se imparten nos institutos de educación secundaria (IES) e nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) de Galicia. Os datos de número de matriculados nestas ensinanzas coñeceranse nas vindeiras semanas, unha vez remate o prazo de matriculación de alumnas e alumnos na segunda adxudicación do período extraordinario de admisión

Neste sentido cómpre lembrar que este curso implántanse de forma anticipada 27 títulos de formación profesional que responden ás cualificacións que demandan os sectores produtivos galegos, o que significa 2.600 novas prazas -máis dun 12% por riba do curso anterior-.

Educación Secundaria

Un total de 86.676 alumnos – un 0,5% menos que o ano pasado- empezarán o curso en centros galegos que imparten Educación Secundaria Obrigatoria en toda Galicia, fronte aos máis de 87.115 do ano pasado. Deles 46.328 cursarán estudos de 1º e 2º da ESO, mentres que 40.348 estudarán 3º e 4º da ESO. Por provincias, A Coruña conta con 35.448 alumnos matriculados na ESO, Lugo con 9.285, Ourense con 8.858 e Pontevedra con 33.085. A distribución provincial segundo a titularidade dos centros é a seguinte:

 
Centros públicos
Centros privados non concertados
Centros privados concertados
A Coruña
25.176 alumnos
912 alumnos
9.360 alumnos
Lugo
7.213 alumnos
241 alumnos
1.831 alumnos
Ourense
5.506 alumnos
158 alumnos
3.194 alumnos
Pontevedra
22.284 alumnos
739 alumnos
10.062 alumnos
Total

60.179 alumnos

2.050 alumnos

24.447 alumnos

Por centros públicos, privados con concerto e sen el as diferenzas respecto do curso pasado quedan do seguinte modo:

 
2011/2012
2012/2013
Centros públicos
60.426 alumnos
60.179 alumnos
Centros privados non concertados
2.048 alumnos
2.050 alumnos
Centros privados concertados
24.641 alumnos
24.477 alumnos
Total

87.115 alumnos

86.676 alumnos

Nesta etapa educativa destaca un aumento do alumnado non nacionalizado español, que chega aos 5.042, o que supón 515 alumnos máis que no curso 2011/2012.

 
2011/2012
2012/2013
A Coruña
1.683 alumnos
1.933 alumnos
Lugo
674 alumnos
776 alumnos
Ourense
555 alumnos
593 alumnos
Pontevedra
1.615 alumnos
1.740 alumnos
Total

4.527 alumnos

5.042 alumnos

Bacharelato ordinario

Este luns tamén comezarán o curso os alumnos do bacharelato ordinario. En total 31.194 – un 0,8% menos que o ano pasado- estudantes están matriculados no curso 2012-2013, en ensinanzas postobrigatorias en toda Galicia, un lixeiro descenso respecto dos 31.449 do curso 2011/2012. Deles, 12.738 están matriculados na provincia da Coruña, 3.327 en Lugo, 3.436 na provincia de Ourense e 11.693 en centros de Pontevedra.

Destes mesmos, na Coruña son 6.556 alumnos os matriculados no primeiro curso do bacharelato, 1.670 en Lugo, 1.795 en Ourense e 6.075 en Pontevedra. Así, suman 16.096 alumnos. No segundo curso, son 6.182 os matriculados en centros coruñeses, 1.657 en Lugo, 1.641 en Ourense e 5.618 en Pontevedra; facendo un total de 15.098 alumnos.

Por distribución provincial segundo a titularidade dos centros, a táboa é a seguinte:

 
Centros públicos
Centros privados
A Coruña
10.307 alumnos
2.431 alumnos
Lugo
3.054 alumnos
273 alumnos
Ourense
2.741 alumnos
695 alumnos
Pontevedra
10.041 alumnos
1.652 alumnos
Total

26.143 alumnos

5.051 alumnos

Por rama do bacharelato, os datos do alumnado matriculado en Galicia son os seguintes:

Artes
Ciencias da natureza e da saúde
Humanidades e Ciencias Sociais
1.323 alumnos
15.488 alumnos
14.383 alumnos

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español, aumenta lixeiramente respecto do curso pasado.

 
2011/2012
2012/2013
A Coruña
279 alumnos
292 alumnos
Lugo
84 alumnos
92 alumnos
Ourense
70 alumnos
78 alumnos
Pontevedra
268 alumnos
286 alumnos
Total
701 alumnos
748 alumnos

Ensinanzas regradas de música

Para o vindeiro curso 2012-2013 as estimacións de alumnado para as ensinanzas regradas de música son de 8.147 matriculados - un lixeiro descenso respecto dos 8.125 do ano pasado- dos que 3.330 corresponden á Coruña, 1.167 a Lugo, 889 a Ourense e 2.761 a Pontevedra.

En base a se os alumnos estudan en conservatorios de música ou en centros autorizados, a táboa sería a seguinte:

 
Conservatorios de música
Centros autorizados de música
A Coruña
2.921 alumnos
409 alumnos
Lugo
1.012 alumnos
155 alumnos
Ourense
882 alumnos           
7 alumnos
Pontevedra
2.310 alumnos
451 alumnos

Total Galicia

7.125 alumnos
1.022 alumnos     


Ensinanzas regradas de danza e Arte Dramático

En total son 353 os matriculados para o vindeiro curso 2012-2013- fronte aos 324 do curso pasado- dos que 146 pertencen á Coruña, 192 a Lugo e 15 a Pontevedra.

No que atinxe ás ensinanzas de arte dramática, o vindeiro curso serán 197 as alumnas e alumnos matriculados en toda Galicia, o que supón un incremento de 26 matriculados con respecto ao curso pasado, un 15,2% máis.

Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Para o vindeiro curso os matriculados nestas ensinanzas serán un total de 714 en Galicia, 103 en grao medio e 611 en grao superior. Deles, 382 pertencen a centros coruñeses, 94 a Lugo, 103 a Ourense e 135 a Pontevedra. Deste xeito, o alumnado increméntase desde os 695 estudantes destas ensinanzas no curso 2011/2012.

Ensinanzas Artísticas Superiores

Nesta modalidade os matriculados son 657 alumnos en ensinanzas dos cales 604 corresponden a estudos de deseño e 53 a conservación e restauración de bens culturais. Así, o alumnado increméntase desde os 629 estudantes destas ensinanzas no curso 2011/2012.

Ensinanzas deportivas

En Galicia hai un total de 402 alumnos matriculados neste tipo de ensinanzas – fronte aos 365 do curso 2011/2012-, dos que 156 pertencen á Coruña , 22 a Lugo, 21 a Ourense e 203 a Pontevedra.

Deles, 366 son alumnos de grao medio e 36 de grao superior.

Ensinanzas de adultos

No que atinxe ás ensinanzas para adultos, estímase que as cursarán no curso 2012/2013 un total de 17.204 persoas, fronte ás 16.481 do ano académico anterior. Delas, 1.168 están matriculadas en ensinanzas básicas de nivel I e II, 7.533 nas de educación secundaria para adultos, 3.070 nas de bacharelato presencial e 5.433 nas de bacharelato semipresencial.

Destaca, así, un incremento do 4,4% nestas ensinanzas, crecemento superior ao 7% no caso das de bacharelato para persoas adultas.

Por provincias e tipo de ensinanzas a distribución é a seguinte:

 
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Ensinanzas básicas nivel I e II
308 alumnos
114 alumnos
76 alumnos
670 alumnos
Ensinanzas de secundaria para adultos
3.018 alumnos
703 alumnos
811 alumnos
3.001 alumnos
Bacharelato presencial
1.311 alumnos
317 alumnos
255 alumnos
1.187 alumnos
Bacharelato semipresencial/distancia
3.772 alumnos
572 alumnos
472 alumnos
617 alumnos