Cultura e Educación publica a listaxe definitiva de axudas para o financiamento de estadías en países membros da Unión Europea durante o verán de 2012

Concedeuse preto dun millón de euros dos que se beneficiaron todos as alumnas e alumnos que solicitaron as axudas

Os principais destinos elixidos polos estudantes das tres universidades galegas son Reino Unido e Irlanda

Dom, 09/09/2012 - 10:16

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar a listaxe definitiva de alumnos admitidos en relación á Orde do 3 de maio de 2012 pola cal se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán 2012, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Son 90 os alumnos que se beneficiarán desta axuda nunha convocatoria na que se concederon todas as solicitudes presentadas e que cumprían os requisitos esixidos, e na que se estableceu unha dotación económica de 1.100 euros por cada beneficiario. Por universidades, a de Santiago de Compostela é na que se concederon máis axudas, cun total de 40 alumnos becados. En segundo lugar atópase a de Vigo, onde son 37 os estudantes que recibiron a bolsa de financiamento e por último, atópase a universidade da Coruña, con 13 concesións.

Os destinos máis demandados polos universitarios que solicitaron a bolsa foron Reino Unido, con 32 alumnos; e Irlanda, con 24. O seguinte país máis con máis solicitudes foi Alemaña, ao que acudiron 8 dos bolseiros; seguido de Malta e Francia, a onde acudiron 7 rapaces en cada un. Italia acolleu a 4 estudiantes, ao igual que Portugal e Romanía outros 2.  Finalmente, houbo un estudante que escolleu Bélxica como destino e outro, Austria.

Aposta pola calidade, competencia, igualdade e excelencia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Universidades, está a desenvolver unha política de asistencia económica que evidencia a través de diversas accións que tentan favorecer, dentro das limitacións orzamentarias, a calidade, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico. Así, con esta orde preténdese continuar a política de bolsas e axudas para a realización de cursos de idiomas no estranxeiro destina­das a estudantes universitarios.

Cabe sinalar que a adaptación do alumnado ao Espazo Europeo de Educa­ción Superior esixe o coñecemento dunha segunda lingua para mellorar a competencia e a capacidade de estudo e traballo no contexto internacional; razón pola que o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad apoia as iniciativas dos alumnos que poidan contribuír a enriquecer a súa formación académica e científica.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza