Máis de 200.000 escolares comezarán o curso 2012/2013 de educación infantil e primaria este mércores 12 de setembro
Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 68.125 alumnos e alumnas, e nos de educación primaria son 133.238
O 17 de setembro comezará o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato
Este mércores, 12 de setembro, comezarán as clases nos ciclos de educación infantil e primaria para 201.363 alumnos e alumnas. Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e que varían ao longo do curso.
Educación Infantil
Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 68.125 alumnos e alumnas comezarán o luns 12 de setembro as aulas de educación infantil. Deles 28.678 están matriculados na provincia de A Coruña; mentres que 26.307 son de Pontevedra; 6.724 de Lugo e 6.416 de Ourense.
Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:
|
Centros públicos |
Centros privados non concertados |
Centros privados concertados |
A Coruña |
20.246 alumnos |
1.230 alumnos |
7.202 alumnos |
Lugo |
4.954 alumnos |
134 alumnos |
1.636 alumnos |
Ourense |
4.266 alumnos |
61 alumnos |
2.089 alumnos |
Pontevedra |
18.168 alumnos |
413 alumnos |
7.726 alumnos |
Total |
47.634 alumnos |
1.838 alumnos |
18.653 alumnos |
O aumento de matriculacións en educación infantil queda reflectido nos centros de ensinanza pública, onde están matriculados 747 novos estudantes, do 821 totais que comezan estes estudos.
|
2011/2012 |
2012/2013 |
Centros públicos |
46.887 alumnos |
47.634 alumnos |
Centros privados non concertados |
1.611 alumnos |
1.838 alumnos |
Centros privados concertados |
18.806 alumnos |
18.653 alumnos |
Total |
67.304 alumnos |
68.125 alumnos |
Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu lixeiramente respecto do curso anterior.
|
2011/2012 |
2012/2013 |
A Coruña |
470 alumnos |
424 alumnos |
Lugo |
164 alumnos |
158 alumnos |
Ourense |
152 alumnos |
120 alumnos |
Pontevedra |
476 alumnos |
401 alumnos |
Total |
1.262 alumnos |
1.103 alumnos |
Educación Primaria
Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 133.238 alumnos e alumnas tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia. Por provincias 55.228 están matriculados en A Coruña; 13.210en Lugo; 12.717 en Ourense e 52.083 en Pontevedra.
|
Centros públicos |
Centros privados non concertados |
Centros privados concertados |
A Coruña |
39.229 alumnos |
1.269 alumnos |
14.730 alumnos |
Lugo |
9.620 alumnos |
235 alumnos |
3.355 alumnos |
Ourense |
8.325 alumnos |
197 alumnos |
4.195 alumnos |
Pontevedra |
35.798 alumnos |
970 alumnos |
15.315 alumnos |
Total |
92.972 alumnos |
2.671 alumnos |
37.595 alumnos |
De cara a este novo curso nas aulas de educación primaria nos centros públicos haberá matriculados 1.287 novos alumnos respecto do ano pasado.
|
2011/2012 |
2012/2013 |
Centros públicos |
91.685 alumnos |
92.972 alumnos |
Centros privados non concertados |
2.694 alumnos |
2.671 alumnos |
Centros privados concertados |
37.646 alumnos |
37.595 alumnos |
Total |
132.025 alumnos |
133.238 alumnos |
No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso supera lixeiramente o centenar de estudantes.
|
2011/2012 |
2012/2013 |
A Coruña |
2.030alumnos |
2.002 alumnos |
Lugo |
856 alumnos |
889 alumnos |
Ourense |
666 alumnos |
653 alumnos |
Pontevedra |
2.964 alumnos |
1.866 alumnos |
Total |
5.516 alumnos |
5.410 alumnos |
Centros escolares
Todos os centros que desde o 12 de setembro impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria, quedan distribuídos do seguinte xeito:
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Galicia |
Educ. Infantil |
72 |
5 |
6 |
78 |
161 |
Educ. Primaria e Infantil(1) |
250 |
94 |
89 |
220 |
653 |
Educa. Primaria e Secundaria(2) |
56 |
25 |
22 |
68 |
171 |
Total |
378 |
124 |
117 |
366 |
985 |
(1) Inclúen os centros que imparten exclusivamente o primeiro ciclo de educación infantil.
(2) Inclúense os centros que imparten o segundo ciclo de educación infantil.
Atención a todas las necesidades
Neste punto cómpre destaca que a Consellería volve a garantir a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial atención e apoio aos estudantes con necesidades específicas de atención educativa – pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, entre outros-, así como o mantemento da calidade do ensino.
Así, e grazas a diversas medidas tomadas a cabo pola Administración, cunha xestión eficiente dos recursos docentes, o que da resposta á demanda da cidadanía galega, e a aplicación do Decreto de Atención a diversidade garántese a atención ás alumnas e alumnos que máis o necesitan, mantendo a calidade do noso ensino.
Servizos complementarios
O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Consellería. Ámbolos dous foron adaptados, un ano máis, as necesidade existentes para o presente curso nos centros educativos, dando así resposta ás alumnas e alumnos.
Neste punto é preciso destacar que no novo curso habilítanse 3.000 novas prazas de comedor escolar, de xeito que está previsto que se dea este servizo a case 69.000 alumnas e alumnas galegas. Unha cifra que significa 10.000 estudantes máis que no curso 2008/2009, no mesmo período de tempo no que o orzamento pasou de ser de 14 millóns de euros aos 24 millos que se invisten na actualidade. Ademais aproximadamente 90.000 estudantes terán servizo de transporte escolar.
A Consellería de Educación volve deste xeito demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes galegos, e a pesar da complicada situación económica que se vive nestes momentos fai un esforzo a prol das alumnas e alumnos. Cómpre sinalar que este será o segundo ano no que as achegas económicas poderán destinarse a sufragar os gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.